lunes, 31 de mayo de 2010

SexAlia

SEXALIA




INTRO



Xen Moritz (Reporteiro. Urbanita. 32 anos): No pequeno pobo de Alia, durante o que logo se deu en chamar nos medios mais conservadores “A Semana do Amor e do Horror”, desenvolveronse, durante sete días, unha serie de actividades anómalas para as que todavía non se teñen atopado explicacións convincentes, mais aló das puras hipóteses, unhas mais razoables, outras mais esotéricas. O certo é que a día de hoxe, un ano despois de que tivesen acontecido aqueles extranos sucesos, tales feitos continúan a ter unha orixe escura, e o porqué de tales actos segue a ser un misterio. Imos tratar de profundar nesta reportaxe sobre o que aconteceu neste fermoso pobo das Montañas do Norte, na comarca de Sempresolpor. Alia, unha aldea relativamente aillada para os tempos nos que vivimos, con algo menos de douscentos habitantes, e que segue posuindo ese carácter tradicional, autóctono e folklórico, ese encanto paisaxístico tan diferente, tan especial e alonxado dos ruidismos e arquitecturas urbanas ás que a maioría de nós, urbanitas, estamos acostumados.

A través dunha serie de entrevistas, tanto a veciños do pobo de Alia e outros testigos directos, como a expertos en diferentes campos do saber, trataremos de dar unha imaxe global sobre este enigma moderno, que no fondo non deixa de ser ó mesmo tempo un estudio en perspectiva micro sobre a natureza humana e os misterios da existencia. Deberá ser vostede o que saque as suas propias conclusións.

Xen Moritz informando dos resultados. Este é un proxecto do grupo de comunicación Fiestra Aberta.









Luns. Día 1: Onda de Calor.





Bes Splatz (Veciño de Alia, 52 anos): A onda de calor foi o primeiro. A aquel luns de fai un ano, aquí no pobo, gustamos de chamalo o Luns dos 39, polos graos de calor. Nunca tal sol fixera. Pode preguntarlle ós mais vellos e xa lle dirán que non lembran ter vivido tales temperaturas por aquí na vida. ¡Se a media de temperatura anual neste pobo é de 9 graos! Cando aquel luns amenceu con aquel calor, todos ficamos abraiados.



Nur Glock (Veciño de Alia, 79 anos): Pois si, home. Eu, que levo toda a vida aquí, en Alia, non lembro un calor tal. Xa se viu despois o que trouxo tal onda de calor. Aquilo non era normal. Andabamos ainda por maio, e un sol coma aquel era mal sinal.



Vell Thiu (Veciña de Alia, 37 anos): Non dabamos abasto bebendo, coa sede que tiñamos. Nós, un pobo acostumado mais ben o frio, a chuvia, e de súpeto, ahí tes os termómetros marcando 39 graos as dez da mañán. Ningún veciño tiña instalado o aire acondicionado. Nunca o necesitaramos, pero ese dia realmente dexesei ter un. As doce do día non había ninguén polas ruas. Ou estaban nas casas tratando de topar o fresco ou no rio bañándose ou nas tabernas bebendo zumes e cervexas frias. Os cans andaban aparvados polas ruas, buscando as sombras, coa lingua fora.



Grec Filhe (Veciño de Alia, 17 anos): ¡Buf, non pasamos calor nin nada! Ese dia, por sorte, pecharon as aulas. Non querían ter que atender a unha morea de nenos e adolescentes con lipotimias e deshidratacións. Mellor para nós. Así que baixamos o rio, onde está a pequena praia fluvial. O sol pegou duro toda a tarde tamén, así que os rapaces que estabamos alí entrabamos e saiamos da auga todo o tempo. Cando rematei o baño, a tardiña, tiña toda a pel das mans coma pelexos enrugados. Tiña a pel fría pola auga do rio, pero por dentro, seguía a notar calor.



Iana Humm (Veciña de Alia, 19 anos): Seguro que xa coñece vostede a historia completa, por algo é reporteiro, e xa se falou tanto do tema o ano pasado, despois de que rematou todo… Pero xa que pregunta, direille que sí, que ninguén esperaba aquel calor abafante, que case parecía que se che metía dentro. Non había forma de refrescarse, por moito que beberas. Case catro litros bebín eu soa. Ese dia paseino na casa, na sombra, dándome aire con abanos improvisados.









Sim Boinet (Veciño de Alia, 43 anos): O da onda de calor so foi o primeiro sinal do que chegaría a pasar no pobo durante aqueles sete días, ate a madrugada da noite do Domingo Calmo. Si, foi algo ben raro, completamente anormal nestas latitudes, pero nada comparado co que viría despois. Tempo mais tarde, falando entre nos, reconstruindo a historia entre tódolos veciños, soubemos que nesa mesma noite do Luns dos 39, todos nós sentíramos os primeiros síntomas que anunciaban ó que había vir.



Pankh Awei (Veciño de Alia, 27 anos): Xa lle digo eu que aquilo do calor non era natural, a pesar dos cambios climáticos que vimos sufrindo xa dende varias décadas. Non sei, aquel sol, aquel calor que chegou o Luns dos 39 parecía algo mais psicolóxico que físico, non sei se me explico, como se a calor viñese dende dentro de nós, non dende aquel ceo limpo e relucinte.



Ethni Bronava (Veciña de Alia, 29 anos): Tanta contaminación, tanta alteración da atmósfera, tanta transformación caótica dos ecosistemas so pode traer cousas así.



Rumh Xeiks (Veciño de Alia, 73 anos): Vostede saberá que os nosos recursos naturais tradicionais son o que permite que a nosa aldea sobreviva co seu estilo propio fronte a aplastante tendencia urbanita. Xa se dará conta do que podería significar un cambio drástico no clima para os nosos cultivos de xoteks amargos, a nosa mais importante fonte de recursos. Non toleran ben o sol excesivo. Cando chegou a onda de calor eu temín polas miñas prantacións. A medida que avanzaron os días daquela semana famosa, comezaron a preocuparme outras cousas.



Madame Bon-noir (Veciña de Alia, 63 anos): E despois do calor dese luns, viu a noite. Se eu lle contara o que vin o longo das noites desa semana…



Hunner Blix (Meteorólogo. Urbanita. 52 anos): O certo é que segue a ser un grande misterio climatolóxico. A raíz do caso do pobo de Alia, estanse a mellorar ainda mais as tecnoloxías relacionadas cos estudos sobre o clima. O asunto é que revisando este caso atopamos que os mapas meteorolóxicos non rexistraron ondas de calor ou temperaturas anormales na comarca de Sempresolpor nas datas nas que aconteceron os feitos que vostede investiga. Xa lle digo, a meteoroloxía non e unha ciencia cunha porcentaxe de prediccións exactas do 100%, pero unha onda de calor do tipo descrito no caso Alia, e dicir, unha masa de aire quente concentrada nunha zona e focalizada nesa zona concreta durante uns días, que logo desaparece súbitamente, debería deixar algún tipo de rastro nos nosos aparatos de medición, pero non foi así. As lecturas que se rexistraron para esa zona eses días non se corresponden coas testemuñas dos testigos directos, que falan de temperaturas case desérticas, improbables nesas rexións. ¿Que quere que lle diga? Ou falla a nosa tecnoloxía, ou estamos ante un caso de histeria colectiva ou situación semellante na que os testigos, consciente ou inconscientemente, minten usando unha mesma mentira común. Iso, ou estamos ante un caso sobrenatural.

Luns. Noite 1: Primeiros síntomas.





Xuk Dieter Vonn (Veciño de Alia, 81 anos): Non pode vostede imaxinar a alegría da miña muller aquela noite. ¡E a miña ledicia, xa lle digo! Despois de tanto tempo, xa se fai vostede unha idea de que aquilo, vivo entre as miñas pernas outra vez, naquel momento, pareceunos un miragre da natureza.



Vell Thiu: Os dous nenos estiveron inquedos nos seus berces toda a noite. Eu estaba preocupada e levantabame cada pouco tempo a mirar se estaban ben. E sí, estaban ben, durmían, pero movíanse en soños axitados. Eu non podía pegar ollo e o meu home tampouco, así que para pasalo tempo, pois, bueno, xa sabe, fixemos vida matrimonial toda a noite. Facía tempo que non o sentía tan intensamente. E o meu marido, sorprendentemente, estivo en plena forma e disposto ate que saiu o sol de novo.



Wielehs Sazz (Veciño de Alia, 13 anos): Bueno, de todo aquilo xa fai un ano e agora xa sei un pouco mais de que van as cousas, pero xurolle que xusto naquela noite do Luns dos 39, para sorpresa miña, por primeira vez, tiven entre as mans a proba palpable, pracenteira e visgosa de que xa me estaba a converter nun home e deixaba de ser un neno. Alomenos, biolóxicamente falando.



Iana Humm: Despois do que vivimos todos nesa semana de fai un ano, creo que xa nada nos poderá ruborizar nen avergoñar nunca mais, así que vou dici-lo claramente: nesa primeira noite, antes de que todo evolucionase cara a algo mais intenso no resto das noites que virían, asegurolle que tódolos habitantes de Alia, sos ou acompañados, tiveron, alomenos, un orgasmo. Por suposto eu tamén. E mais de un.



Madame Bon-noir: Aquela noite, a clientela do noso pequeno clube multiplicouse por cinco. Parecía que o sol do día quentara-lles os homes algo mais que a cachola. As rapazas non daban feito e aqueles homes querían servicios de noite completa, non media, nen unha hora. Viñan fortes e con ganas. Teño que confesar que despois de moitos anos sen facelo, eu mesma traballei con homes esa noite. E o certo é que disfrutei.



Sim Boinet: Que quere que lle diga. Ganas non me faltaban, pero non cheguei a ir o clube esa noite por vergoña. Nun pobo tan pequeno, ainda que todos nos respetamos, todo se sabe, pero sobre todo, eu estaba viuvo dende facía tres anos, e ainda sentía a tristura da perda da miña compañeira. Así que aproveitei para facer un repaso profundo da miña vella colección de pornografía.



Grec Filhe: É unha merda ter o cuarto tan pegado o dos meus pais. Escoitase case todo. Aquela noite eu trataba de non facer ruido algún mentres me masturbaba. O caso é que da igual se escoitaron os meus ruidiños de pracer solitario. Non poden dicirme nada cando eles mesmos non pararon de facer ruido cos muelles do colchón en toda a noite.



Xinha Monts (Veciña de Alia, 79 anos): Agora que pasou todo aquilo e a cousa rematou ben, coa perspectiva do tempo, penso que foi unha experiencia que nos uniu e nos endureceu coma persoas e coma pobo. E xa que menciona a primeira noite, debo decirlle que foi ben raro, e dalgun xeito, instintivo, primario e inevitable. Unha necesidade impulsiva de acadar…pracer. Xa pode imaxinar, unha vella viuva dende facía once anos, soa na casa, e de súpeto, despois de tanto tempo, entranme ganas de…xa sabe…Pois nada, consoleime como puiden. E gustoume, se lle digo a verdade.



Moonk Fieggels (Veciño de Alia, 38 anos): Nas noites seguintes a cousa puxose algo mais intensa. Pero esa primeira noite, na que a temperatura xa baixara despois de poñerse aquel sol enorme, ningunha esposa tivo dores de cabeza e ningún marido estaba canso ou desganado. Todolos mozos se amaron intensamente aquela noite e todolas persoas solitarias se deron agradable amor carnal a si mesmos, ou pagaron por compartir pracer. Xa sabe o que lle quero dicir, ¿non?































Welseid Nasterboid (Antropólogo social. Urbanita. 57 anos): O igual que na maioria das especies animais, especialmente nos mamíferos, a conducta sexual mastubatoria humana rixese por unha máxima sinxela: “É un bo recurso para obter pracer e acadar relaxación dun xeito natural, pero so cando non hai outra opción de compartir actividade sexual” E dicir, mellor acompañado que só. Somentes unha mínima porcentaxe da poboación, ante a opción de poder elexir libre e gratuitamente entre prácticas solitarias ou voluntariamente compartidas, escollerá o autoerotismo. A maioría buscará compañeiros de sexualidade que lle agraden.

O habitual na nosa especie é estar sexualmente predispostos e activos cada dia. Lembre que a anhedonía sexual é un dos síntomas da depresión. Na maioría dos animais as conductas sexuais están reguladas por ciclos naturais e por aspectos instintivos, etiolóxicos e fortemente influenciados pola xenética. Nos humanos sucede exactamente o mesmo, agás que non temos uns ciclos naturais tan marcados. Podemos estar sempre en celo, por así decilo, biolóxicamente dispostos a reproducirnos, ou a conseguir pracer a través da interaccion sexual con outros suxeitos ou con nos mesmos. Os ciclos sexuais nos humanos actuais da nosa sociedade urbanita, dependen mais da psicoloxía propia de cada individuo, que dos imperativos da natureza ou das regulacións sociais. A autonomía sexual individual e a organización sexual colectiva racional, xusta e tolerante pareceme un obxetivo sobre o que avanzar nesta sociedade. O pobo de Alia ofrece un escenario perfecto sobre o que realizar un traballo de investigación sobre tales temas, como así foi o meu caso.

As miñas conclusións foron publicadas recentemente baixo o titulo de Independencia sexual. Sexualidade comunitaria. Non deixen de mércalo nas librerías da sua urbe habitual.



Opalah Zarg-tain (Psicoterapeuta social. Urbanita): Parece incrible, pero despois dós días tan intensos que viviron, e de tódalas experiencias extremas que pasaron os veciños de Alia, o certo e que ningún deles presentou cadros de estrés post-traumático nen necesitou terapia algunha. Un feito do mais curioso, como todo o que rodea o caso da Semana do Amor e do Horror.





















Martes. Dia 2: Un pobo normal.





Rumh Xeiks: Eu espertei ledo esa mañan. Relaxado. Facía tempo que eu e a miña muller non…hehe…Toda a noite, creame. O sol volveu pegar forte ese martes, así que baixei os meus campos de cultivo, para darlles unha regada extra os meus xotecks para que non se resentisen tanto pola calor. O caso e que despois daquela semana de sol e noites tolas, os meus xotecks amargos melloraron a sua producción e calidade. Todavía saco bos cartos co licor Glibbs edición especial da Semana Quente que lle vendo a precio especial os turistas que veñen por aquí. Atribuenlle efectos afrodisíacos por todo o que pasou aquí no pobo neses días.



Bonn Xeiks (Veciño de Alia, 23 anos): Eu levo traballando nos campos do meu pai toda a vida e bebendo licor Glibbs feito cos xoteks amargos dende os doce anos, e debo recoñecer que o licor elaborado coa colleita madurada durante a Semana Quente foi o mellor que probei. Ainda nos quedan algunhas botellas para vender a urbanitas con capital potente. Outras poucas son para nós, para ocasións especiais.



Herer Brutts (Veciño de Alia, 51 anos): Home, é certo que as cousas cambiaron despois daquela semana. ¡Como non ían cambiar! Este é un pobo pequeno, todos nos coñecemos, temos as nosas cousas, e os nosos mais e menos entre nos, pero despois daquilo, xa ve, todos amigos. Todo segue igual, pero, como lle diría, as tensións esvaeronse. Agora coñecemonos todos con certa profundidade, dun xeito íntimo. Ninguén se marchou do pobo despois dos sucesos acontecidos. Xa ve, somos persoas razoables e tolerantes. Eu sigo a traballar na miña panadería, a xente segue a comprar. So que agora, sempre hai unha mirada de complicidade e un medio soriso entre os clientes e mais eu. Bueno, en realidade, se presta un algo de atención poderá observar esa complicidade entre as miradas de cada veciño de Alia.



Uhala Lietsnnan (Veciña de Alia, 45 anos): Como a maioría, por non dicir case tódolos veciños de Alia, eu nacín aquí. De pequena quedaba impresionada e aturdida pola beleza da paisaxe. Montañas imponentes, o pobo cravado no val, o rio e a sua música…Aproveitei esa sensibilidade e adiqueime a pintura. ¿Creerá vostede que ó final, despois da semana famosa e de que o noso pobo saise en tódolos medios, conseguín vivir dos meus lenzos e óleos? Pois si, os meus clientes son urbanitas con capital, por raro que pareza. Supoño que xa están fartos do arte desfigurativo e excesivamente conceptual, tan abstracto que ó final un xa non sabe o que está mirando ou que está sentindo. Para o mundo das urbes, o arte realista e paisaxístico era algo tan do pasado, tan naif, que foi despreciado longo tempo. Tanto, que finalmente volveuse a poñer de moda, por puro efecto das cíclicas modas retro-vintage, producto desa extraña sensación de nostalxia dun tempo que nunca se vivíu. Así que tiven sorte coas miñas obras. Aparecín coma artista xusto no momento adecuado.



Agora, mesmo artistas urbanitas que endexamais miraron unha arbore en directo, adicanse a plaxiar as miñas estéticas e a facerse os orixinais. Parásitos ladróns de ideas. Pero non importa, o meu estilo é ben recoñecible. Eu fun a pioneira no rexurdir do neo-realismo bucólico e as miñas pinturas seguense a vender a bo prezo. Nos museos das urbes mais importantes, entre exposicións de ferrallas retorcidas e moreas de cristais rotos con títulos rimbombantes, de súpeto, o espectador urbanita pode quedar abraiado ante a simple e pura imaxe dun arbusto e unhas rochas baixo un raio de sol, ou un regato redeado de herbiñas, ou a panorámica do monte nevado pintado sobre un lenzo, enmarcado en madeira tallada a man. Esa ruptura da estética ríxida e artificial a que está acostumado o urbanita medio, fronte as miñas obras, naturalistas e de formas irregulares, dondas e asimétricas, é a que lles produce un efecto tan forte. Non están acostumados as cores vivas e naturais. Non están afeitos a que unha obra de arte conteña dentro un algo de humanidade e natureza, sinxela e directa. Mesmo algúns dos Directores Sociais das urbes teñen nos seus despachos algún traballo meu. Supoño que para os urbanitas os meus lenzos son pequenas fiestras abertas a un mundo máxico que eles xa perderon e que non poderán recuperar.



Wielehs Sazz: Xa pode imaxinar como é a vida para un rapaz de trece anos nun pobo aillado como Alia. Bueno, sendo como é vostede un urbanita, poida que en realidade non poida imaxinalo. Despois da Semana Quente tiven a oportunidade de visitar a Urbe Occidental por uns días. Había luces artificiais e movementos de máquinas por todas partes e moreas de persoas que camiñaban sobre liñas marcadas no chan, sen poder sair delas por mor dos automovs, e todos traían nas miradas un algo gris e doente. Non falaban entre si. Ninguén se saudaba nin se daban os bos días. Formigas perdidas no caos dun formigueiro desfeito. Pola contra, aquí no pobo todo é mais calmo, hai rio onde xogar e fragas mestas para pasear e facer agochos e imaxinar aventuras. Si, non cambiaría Alia pola urbe. Son feliz aquí. Mesmo teño moza dende que pasou o da a Semana Quente e todo rematou ben.



Lohnna Miakx (Veciña de Alia, 13 anos): Bueno, imos a escola pola mañán, e pola tarde xogamos por ahí ou axudamos os nosos pais nos seus traballos. Dende fai un ano eu teño mozo. Estamos realmente, xa sabe, namorados. Despois do que compartimos, non podería ser doutro xeito.



Munx Teader (Veciño de Alia, 46 anos): Como verá, eu encargome da educación dos rapaces de Alia. Todos ben bos de levar. Espiritus sans criados lonxe das urbes. Ainda teñen unha certa inocencia natural. No noso microcosmos é doado levar unha vida pacífica, rutinaria e tranquila. Bueno, ainda que esa rutina se rompese bruscamente naqueles sete días de hai un ano… Ademais do mestre tamén son o historiador de Alia. Cun compañeiro dirixo o novo museo do pobo. Despois do que pasou, montamos unha sala especial temática sobre o que os medios de comunicación chamaron A Semana do Amor e do Horror. Nos preferimos dicir A Semana Quente, un eufemismo que lle resta o senso tráxico que lle quixeron dar os medios mais conservadores. Seguro que despois desta reportaxe que está vostede a facer, señor Moritz, aumentarán as visitas o noso museo.



Xinha Monts: Eu de toda a vida adiqueime a tecer. A miña nai e a miña avoa eran as costureiras do pobo e seguín o seu camiño. Xa son ben maior, e agora, a miña idade, colleme a fama. ¿Non leu nada na revista Tendenks acerca dos meus tecidos? Parece que as xentes de alta clase realmente sinten atracción polas texturas das miñas telas, as cores conseguidas con tintes naturais, os motivos de frores e círculos. Estanse a vender estupendamente os meus diseños nos mercados das urbes mais importantes. Incrible. Agora de vella, millonaria.



Grec Filhe: Voulle contar un segredo. As cousas si cambiaron para algúns no pobo despois da Semana Quente. Eu estaba a punto de rematar os estudios básicos e xa me vía encamiñado cara o traballo de carpinteiro. Non era un mal traballo. Pero atopei un mellor. Cando o ano pasado todas aquelas moreas de periodistas viñeron a entrevistarnos, e a miña foto, espido de cintura para arriba, se fixo tan famosa nas revistas de moda, comezaron, de vez en cando, a subir o pobo mulleres, case sempre pasando dos trinta anos. Parecían as típicas turistas urbanitas, pero en vez de pasear polo parque ou comprar souvenirs, sempre preguntaban discretamente por min. Querían saber se era posible pagar pola miña compañía. Se quere saber a verdade, si, é posible pagar pola miña compañía. Digollo porque nunca ven mal algo de publicidade, xa sabe.



Vibiak Glicken (Etóloga. Urbanita. 27 anos): Lembre que fai unhas décadas, a xente aínda se sorprendía dos resultados que amosaban os estudios sobre comportamentos sexuais nos animais. Datos e imaxes que amosaban actos non puramente reproductivos ou non estrictamente heterosexuais, ou actos que involucraban unións non somentes de parella reproductora. A homosexualidade, a bisexualidade, a masturbación, as orxías, ect. O caso é que certas especies animais fan gala dalgúns, ou de todos estes comportamentos. Trataron de darse todo tipo de explicacións a estes fenómenos, pero cada caso é único e non en tódolos membros dunha mesma agrupación animal observanse estes comportamentos. Entre todalas hipóteses, a mais obvia e a que causou mais polémicas. Entre outras cousas falouse de que estes comportamentos sexuais, que non buscaban coma fin último a reproducción, realizaríanse con fins relacionados cos aspectos relativos ás xerarquías dentro do grupo social, díxose tamén que tales actos servírían para establecer vínculos que axudarían a supervivencia mediante a cooperación, falouse de desviacións sexuias forzadas pola falta de parellas adecuadas ou situacions de aillamento, ect. O caso é que a hipotese mais radical e mais evidente desprestixiouse por parte dos círculos de opinión e non foi tida en conta como proposta seria.

Esta hipótese tan sinxela plantexa a idea de que os animais actúan de formas sexualmente variadas non so por reproducción, senón tamén por puro e simple pracer.

Isto era o que asustaba ós Pensantes Conservadores. A idea do pracer como algo natural, coma un premio da natureza do que disfrutar, non somentes coma un frio mecanismo cego da evolución para obrigar ás especies a perpetuar os seus xens.









Martes. Noite 2: Solitarios.



Wielehs Sazz: Polo que falamos despois entre todos nós, eu non fun o único esa noite. Pero claro, despois de que a noite anterior sacase por vez primeira a miña semente do meu interior con aquel gustiño que precedía a aquel pequeno derrame líquido e aquela relaxacion que me invadiu despois, eu xa estaba desexando que chegase a noite para seguir practicando a soas no meu cuarto.



Fintznna Mae (Veciña de Alia, 38 anos): Esa noite do martes eu estaba coma sempre na cama co meu marido, o mestre do pobo, xa o coñece. Temos unha telepatía especial para facer esas cousas íntimas. Quero dicir, telepatía para saber se o outro quere facer cousas íntimas. Esa noite os dous sentíamos unha quentura especial, parecida a da noite pasada, pero esta vez era un calor dirixido cara a nos mesmos. Por incrible que pareza, esa noite meu marido e mais eu non paramos de xogar cada un co seu proio corpo, metidos na mesma cama, sen tocarnos entre nos ate o día seguinte.



Grec Filhe: Incrible, home. Levo dende os doce anos dandolle a manivela, pero o desa noite foi distinto. Case parecía que en realidade me estaba a foder a min mesmo. Case coma…namorado de min, do meu propio corpo. Dinme pracer toda a noite e, o revés do que pasa sempre, cada orgasmo foi mellor que o anterior.



Iana Humms: Cando lle diga isto, se vostede é heterosexual, é posible que teña unha erección, pero o certo é que esa noite do martes gastei as pilas novas do consolador.



Sim Boinet: Bueno, sendo sinceiros, gustame a pornografía. Rapazas tan fermosas cometendo os actos sexuais mais…hum…pracenteiros para min, coma espectador. Moralmente sintome menos perverso moralmente usando pornografía que acudindo a prostitutas. As actrices porno están mais protexidas en tódolos sensos, dende a hixiene á seguridade persoal, que as prostitutas clásicas. Ainda que hai de todo claro. Pero non creo que ningún dos traballos relacionados co mercadeo do sexo sexa doado, ainda que as veces tamén algunas mulleres poidan disfrutar. Non falarei do caso dos homes. Pero no fondo sempre se fai por cartos, ou no peor dos casos por obrigacións varias, dende a miseria ate a escravitude, o cal di moito do asunto e dos seus lados escuros. ¿Imaxinase vostede vendendo o seu propio corpo a descoñecidos, non sempre agradables, por cartos? Bueno, técnicamente todos o facemos cando aceptamos traballar para unha empresa privada. Pero refirome sexualmente, xa sabe. As cousas por pracer deberían ser gratuitas. Cando hai cartos polo medio todo se convirte ou en traballo ou en mercadoría. En obrigación. En merda antinatural desvirtuada, en todo caso. Pero bueno, a pesar de todo, sigo a disfrutar coa pornografía. Hai que vivir coas propias contradiccions, ¿non si?





Bueno, e indo o tema, o caso e que aquel martes non necesitei pornografía para, digamos, inspirarme. A necesidade xurdiu forte, case inevitable. Non pensei en nada mais que no pracer. Si. Eu só. Varias veces aquela noite.



Uhala Lietsnnan: Sei que lle vai parecer unha marranada, pero tamén sei que os medios de comunicación adebecen polos detalles morbosos con tal de atrapar espectadores, así que ahí vai a noticia: Naquela noite, á que os do pobo gustamos de chamar o Martes dos Solitarios, eu pintei varios lenzos entre os meus arrebatos orgásmicos. Son dunha temática e unha estética diferente. Mais abstractos. De liñas difusas, borrosas, entrecruzadas e nerviosas. Puntos e raias de óleo sobre o lenzo, con evidentes diferencias de presión nas pinceladas. Por suposto, están a venda a un precio especial, por ser unha tirada exclusiva, creados únicamente o longo daquela noite. ¿E a que non adiviña con que parte do meu corpo sostiña o pincel mentres estampaba a pintura sobre a tela?



Nur Glock: Pois xa me dirá vostede se non era como para estar contento. A noite anterior ó martes polo que me pregunta, despois de doce anos, eu tivera unha erección. Foi unha sorpresa. Eu xa non lembraba o gusto que daba, e con algo de vergoña, coma un neno que empeza a descubrir o seu corpo, pois puxenme a fuchicar no aparato. Pero a noite seguinte, a noite do Martes dos Solitarios, foi ben distinto. Algo, unha forza indefinida, empurrabame a me tocar os baixos. E así foi. Pasei unha noite de pracer conmigo mesmo que, coas desculpas da miña defunta muller, nin na miña noite de bodas disfrutara tanto.



Madame Bon-noir: O normal é que o noso clube teña clientes tódalas noites. Este é un pobo pequeno, e as rapazas e os clientes habituais, normalmente solteiros de Alia, forman case unha familia múltiple e entremezclada, pero sen fillos e sen ataduras de ningún tipo, agás o económico. E todos son bos clientes. Ninguén ben por aquí se sabe que non pode pagar. Algunha vez tíñanse acercado urbanitas por aquí. Polo do sexo rural, o aire sano, xa sabe. Agora, despois da fama que colleu o pobo co da Semana Quente, raro e o día o urbanita que non ben a disfrutar dos servicios das nosas belezas locais. Pero aquela noite, a do Martes dos Solitarios, o clube estaba valeiro. As rapazas estaban nas suas habitacións, e eu escoitaba dende abaixo os inconfundibles suspiros dos orgasmos non finxidos, orgasmos de verdade. Entón pechei as portas e subín o meu cuarto eu tamén.















Rikstain Blhug (Biologo. Urbanita. 70 anos): Rocie vostede con feromonas sexuiais fórmicas calqueira obxeto ou superficie preto dun formigueiro e tera en breve unha inmensa e bulinte orxía en miniatura. Milleiros de formigas cegadas polo desexo mais primario tratando de reproducirse, todas a vez. No caso dos humanos a cousa química segue a funcionar, a pesar de que na maior parte dos casos, os instintos foron depurándose, filtrándose, humanizándose, ate converterse niso que chamamos cultura. Pero o cerebro primario, baixo todas esas capas de células neuronais de evolución mais recente, non esqueceu o animal do que provén. Os gobernos urbanitas saben isto. Coñecen o poder das feromonas e a sua influencia nos organismos. Mesmo se di que no pasado trataron de levarse a cabo experimentos militares en base o uso de feromonas sexuais coma armas útiles contra o inimigo. ¿Qué pretendían? ¿Inutilizar os inimigos con ereccións incontrolables? ¿Atacar aproveitando que tódolos soldados estarían na cama coas mulleres, ocupados facendo impulsivamente o amor, e non a guerra? Mesmo chegaron a probar con sustancias que supostamente tornarían os soldados inimigos en homosexuais. Ata ese punto chega a enferma perversidade dalguns órganos do estado. Non se fíe dos militares, e menos dos segredos do estado. ¿Por qué ten o estado que ter segredos? Pero mellor non falar demasiado sobre estas cousas, ¿non cre?







































Mercores. Dia 3: Sorrisos cansos.





Bes Splatz: Digolle a verdade. Esa mañán, o Mercores Manso, polas ruas do pobo, nas tendas e no mercado, todo o mundo traía a mesma expresión na cara, mentres se tapaban os ollos do relumear do sol que por terceiro dia caía a plan sobre a vila.



Fintznna Mae: Cando me mirei no espello sorprendinme. Ollos caidos con bolsas de pel escurecida baixo eles, cara palida e cansa, mesmo algo mais delgada. Parecía un mapache. O certo é que aquela noite non durmira case nada entre orgasmo e orgasmo, mentres o meu marido, o lado, facía o mesmo co seu propio corpo. A pesar de todo sentíame tranquila e relaxada. O meu reflexo pálido devolvíame unha mirada leda.



Munx Teader: Cando a miña muller, Fintznna, saíu do baño e entrei eu, e me mirei no espello, comprendín porque ela me dixera o pasar: `Vaia cara de non ter durmido, pero mireseche contento`. Sarna con gusto non pica, dixenlle eu. Non me extraña que lle quedara o nome de Mercores Manso a aquel día. Cando cheguei a clase, tódolos alumnos, novos e maiores, estaban adormecidos e aparvados. Sen enerxía. Todos con esas caras de mapaches felices. Sei como se sentían porque eu sentiame igual. A mañán discurríu calmosa e somnolenta, e apenas fixemos nada.



Herer Brutts: Todo aquel mercores de fai un ano discorreu ben tranquilo. Na panadería o movemento de xente foi igual en número, pero diferente en ritmo. Os clientes, todos, chegaban paseniño, cansos e distraídos, entraban a mercar, ledos e brandos. Cos ollos de non ter durmido. Coma min.



Grec Filhe: Era ben simpático andar pola rua ese dia. Notabas coma o tempo se deslizaba mais despacio, porque todo o mundo se movía mais lento. Mirabas a unha persoa, e se tiña cara da mapache feliz xa podias imaxinar porque. Os ollos e o cansancio podían ser polo insomnio, pero aquel andar patizambo, os tocamentos disimulados na entreperna e aquelas expresións de felicidade dicían que o insomnio non fora por causas desagradables. Traían ese tipo de soriso que se che queda cando volves a casa despois de que a persoa que te gusta te teña bicado. No caso daquela noite pasada, a Noite dos Solitarios, digamos que a persoa que nos gustaba eramos nós mesmos.







Moonk Fieggels: Non eran unha, nen duas, nen vinte persoas as que traían aquela expresión. Aqueles ollos cansos sobre uns sorrisos ledos estaban en tódalas facianas de tódolos veciños de Alia. Fora unha longa noite de entrenamento solitario para o que viría o resto das noites.



Rumh Xeiks: Baixei a modo ós cultivos de xotecks e tumbeime baixo a sombra dun arbore, pasando o dia ben tranquilo, medio adormecido polo sol e a falta de forzas tra-los exercicios persoais e íntimos da Noite dos Solitarios. Escoitaba o ritmo do pobo mais lento do normal aló enriba. A xente paseaba cansa e esvaída, pero leda nas suas ensoñacións. Creo que todos fixeramos a nosa propia boa ximnasia aquela noite.



Neix `Doc` Grunann (Veciño de Alia, 60 anos): Levo de médico toda a vida aquí en Alia, e debo recoñecer que a mañán dese dia, o Mercores Manso, atendín mais casos de xenitais irritados que en toda a miña carreira. Homes e mulleres entraban cansos e sorrintes, con algo de vergoña e picardía naqueles ollos de mapache que todos traían, e baixaban as bragas ou os calzóns. Sinalaban cara os órganos enroxecidos e inflamados polo exceso de tocamentos. Nada grave, dicialles eu, e recetaballes unha pomada suave contra a irritación. E cando marchaban da consulta, aproveitaba para untarme pomada eu tamén.





Welsei Nasterboid (Antropólogo social. Urbanita): Algunhas das técnicas básicas de tortura consisten en explotar os aspectos sexuais da víctima. A vergoña, a humillación, o abuso, a ameaza, a exposición a estímulos contradictorios, ect, son prácticas habituais nos interrogatorios e sesións de tortura a prisioneiros. Son efectivos a curto prazo e provocan indefensión, temor e sumisión fronte os torturadores por mor do medo e das complexas transformacións psicolóxicas que supón a tortura para os que a sofren. A mais longo prazo, técnicas coa mesma orientación, tratan de romper a personalidade da víctima, entre outros métodos, a base de evitar calqueira estimulo sensorial, e reprimir calqueira tento do prisioneiro por aliviarse mediante a masturbación, un mecanismo primario fronte o stress. Someten ó cautivo á privacion absoluta de pracer como máxima forma de dor.

As secuelas de este tipo de abusos, a longo prazo, xa pode imaxinar cales poden chegar a ser.



















Mercores. Noite 3: Descanso.





Vaier Trott (Veciño de Alia, 55 anos): Esa noite o bar estaba completamente valeiro. Cero clientes. Unha cousa ben rara, por que tódalas noites pasa algún paisano por aquí. É un local tranquilo no que tomar algo de beber con música agradable. Chamase `Ohtanterk`. Lembre: `Ohtanterk`, xa sabe, sempre pode facer publicidade do meu bar entre os seus amigos. Pásese logo a tomar algo por alí, invita a casa. O feito é que aquela noite non había ninguén. Pero non me extraña. Todo o pobo andivera canso durante o dia, así que supoño que todo o mundo o que fixo o rematar as suas tarefas foi marchar a casa e descansar ben. Alomenos eu foi o que fixen. Pechei o bar e subín a durmir.



Xinha Monts: Xa se fai vostede idea de que coa idade o sono polas noites non e o mesmo. Eu con 79 anos non durmo igual que cando era moza. Sen embargo, esa noite do Mercores Manso, en canto toquei coa cabeza na almofada, pecharonseme os ollos e non os volvín abrir ate que saiu o sol pola mañanciña. Case como por miragre, nen sequera me levantei a mexar no medio da noite. A miña vexiga de vella, que me pide ir o baño cada duas horas, esa noite durmiu tan profundamente coma min.



Plauzzo Atentx (Veciño de Alia, 42 anos): É normal que a xente durma ben aquí no pobo. O ambiente tranquilo, o aire do campo, os agradable sons nocturnos… Dende que Alia colleu fama polo que aconteceu fai un ano, raro é o fin de semana que non temos o hostal ocupado por urbanitas desexosos de pasar unhas noites de auténtico reposo no rural. ¿Leu vostede as noticias sobre os índices de insomnio entre os urbanitas? ¿Sabe cales son as cifras das que se fala? ¿Sabe que o insomnio prolongado é o camiño mais rápido cara a ansiedade, o stress, a depresión?

Así que non se extrañe se en breve ampliamos o negocio abrindo outro hostal. Así é a cousa. Puxose de moda o rural. E a xente, xa sabe como é. Movese en masa por modas. A moda, si, esa especie de ente colectivo inconsciente e cambiante, que guía a estética e certos habitos sociais durante un tempo, e logo, transformase sobre si mesma e volta a empezar.













¿Lembra vostede, fai un ano, cantos pobos pequenos coma o noso quedaban habitados no Sector Norte? Non chegaban a ducia. Non so eran poucos, senón que estaban en pésimas condicións. Abandoados. Desprotexidos. Agora que se puxo de moda o neo-ruralismo, estanse a restaurar, con capital da alta clase, unha morea de vilas abandoadas, para que os urbanitas vaian xogar a ser agropastores durante as vacacións ou as fins de semana, nas suas casas de materiais sintéticos, imitacións estandarizadas e creadas en serie do `autentico fogar rural`. As urbes absorben todo o seu redor e impregnan co seu estilo todo canto tocan. Aínda así, nós somos a excepción fronte a norma. Case unha pequena reserva indíxena que resiste a urbanización. Non me tome por un antiurbanita, pero non cambiaría o pobo por nada.



Iana Humms: A verdade é que o sono desa noite foi realmente profundo e reparador. O cal demostra que un bo método para conciliar o sono é un orgasmo. O problema foi que a noite anterior, tódolos veciños de Alia, homes e mulleres, quen mais quen menos, tiveran os seus bos nove orgasmos mínimo. Así que foi rematar o dia de traballo, meterse na cama, pechalos ollos, e caer no sono o instante.



Pankh Awei: Hai cousas ben raras no mundo. Xa me dirá vostede senón, como se explican as cousas que pasaron no pobo na Semana Quente. O igual que, dalgún xeito extraño, unha forza allea impulsaranos a todos, veciños de Alia, cada un na sua casa, a nos masturbar compulsivamente na Noite dos Solitarios, ou coma eu prefiro chamala, a Noite do Amor Propio, na noite do Mercores Manso, unha forza igualmente imperceptible pero irrefrenable, levounos a durmir, sen poder evitalo, un sono fondo, longo e relaxante a tódalas persoas do pobo.



Madame Bon-noir: Xa ve vostede. Por segunda noite consecutiva aquela semana, e contra o habitual, o noso clube estaba valeiro de novo. Así que as rapazas e mais eu fixemos algo que, de súpeto, sentimos con forza inevitable. Puxemonos a durmir.



Grec Filhe: Pois si, aquela noite, tódolos veciños do pobo, mais que durmir, entramos en coma.



















Binner Medd (Físico Teórico. Urbanita. 37 anos): ¿Sabía vostede que a raíz das investigacions nas últimas décadas confirmouse que o universo, ó que podemos contemplar e tratar de comprender gracias a nosa tecnoloxía, extensión artificial dos nosos limitados sentidos, amosa sempre novas sorpresas? Vivimos coa sensación de estar dentro dun universo fixo e controlado, coas suas enerxías e materias actuando de xeito case predecible, pese as opinións de Heisenberg. Pero o caso é que fora da nosa percepción cotiá que nos fai sentir que estamos a vivir rodeados dun cosmos ordeado, fora da nosa visión antropocéntrica, o caos segue sempre en marcha. Tranformando. Mutando. A entropía, o Cambio, a única lei evidente do universo.

Os humanos vivimos nun tempo medio. Demasiado lonxevos para apreciar a velocidade imposible das vertixinosas interaccións cuánticas, e demasiado efémeros para apreciar a evolución das grandes masas do firmamento. ¿Sabía vostede que, a pesar das apariencias, a materia visible no universo so representa un 5%? ¿E que as descoñecidas e so intuidas por extrapolacións, a materia e a enerxía escura, conforman a maioría do universo?

Na miña opinión, e contra a visión oficial dos Pensantes Conservadores, non me parece imposible que existan unha serie de forzas, descoñecidas aínda, e que actúen de xeito anómalo, impredecible e inexplicable neste punto medio do universo no que nós, humanos, nos movemos coma organismos conscientes.



































Xoves. Dia 4: Automatismos.





Whieles Sazz: Pola mañán a escola, e pola tarde a xogar.



Xinha Monts: Todo o dia cos meus tecidos. Vou con mais calma por culpa da vista.



Grec Filhe: Aburrindome na escola pola mañán. A tarde adiqueina as miñas cousas.



Munx Teader: Aburrindo os rapaces na escola pola mañán. A tarde, se non lembro mal, adiqueina a lectura.



Sim Boinet: Pasei a mañán a traballar na oficina do concello. O resto do dia estiven ocupado coas miñas maquetas do pobo en miniatura. Pequenos hobbies para ocupa-la mente.



Ianna Humms: As rutinas son o mellor para manter a mente ocupada. En Alia sempre hai algo que facer. Imposible aburrirse.



Plauzzo Atentx: Como non había clientes aloxados no hostal, decidín adica-lo dia a facer unha limpeza a fondo.



Pankh Awei: En todo pobo, por pequeno que sexa, debería haber un local social onde poidan xuntarse os vecinos e organizar actividades. Alia ten o seu, e eu son o encargado de administralo. Aquel xoves de fai un ano, aquel dia tan anónimo e rutinario, tan carente de anécdotas, eu fixen o de sempre. O meu traballo de tódolos días.



Uhala Lietsnnan: Pasei aquel dia pintando e pintando, coma metida nun trance. O final do dia, cando mirei con calma os lenzos, debía ter rematado sobre doce traballos. Case todos iguais, con tonalidades grises e esvaidas, imperfectas liñas rectas. Parecían feitos por unha maquina estropeada. Nada que ver co meu estilo habitual. Ainda así, as pinturas daquel dia, xa están todas vendidas.





Rumh Xeiks: Coma tódolos días, fun o campo a traballar. Labores que levan todo o dia en certas tempadas.



Herer Brutts: A rutina de sempre. Erguerse cedo, face-la masa, cociña-lo pan, atender os clientes, pechar a hora da comida, abrir pola tarde despois da sesta, e seguir a despachar pan e pasteles ate a hora do peche da tardiña.



Fintznna mae: Mentres o meu marido foi a escola a dar as clases, eu fixenme cargo do fogar. Limpar, barrer, cociñar, fregar a louza, pasar a aspiradora, facer a cama, poñela lavadora, ect, ect, ect. Menos mal que non temos fillos. O meu marido xa lle chega abondo cos rapaces da escola.



Lohnna Miakx: Pois na escola, coma todalas mañáns. E pola tarde a xogar.



Bes Splatz: O traballo cos animais require todo o dia. Teño unha granxa pequena e asegurolle que e un traballo duro e rutinario, pero ben reconfortante. Ainda que dudo que un urbanita aturase este tipo de traballo.



Madama Bon-noir: Xa se pode facer a idea de como é a vida no noso clube. Abrimos as nove da mañan e pechamos as catro da madrugada. As rapazas escollen os seus turnos, pero normalmente dependemos do fluxo de clientes.



Fionn Lems (Veciño de Alia, 52 anos): Como alcalde do pobo non podo mais que falar maravillas sobre Alia. Un lugar tranquilo e pacífico cun ritmo de vida diferente.

















Augoostk Crebbl (Historiador. Urbanita. 59 anos): Os sistemas de organización de producción laboral creados nas primeiras etapas da industrialización, falolle en concreto do taylorismo e o fordismo como máximos representantes destas tendencias, representaron unha absoluta deshumanización do traballo. Traballo en cadea e estilos impersoais de producción. A idea de converter os traballadores en maquinas efectivas, superproductivas e completamente desvinculados da sua tarefa, arraigou no noso sistema. Non importa que o traballador non disfrute da sua tarefa. Non importa o toque persoal, a orixinalidade, as cualidades únicas coas que un traballador poida remarcar a sua labor. O único que importa e producir rápido e en cantidade. Non me extraña que moita xente traballe somentes por cartos, sen sentir vinculación emocional algunha polo que está a facer. Non me sorprenden as baixas laborais por motivos psicolóxicos ou o absentismo en certos sectores de producción.

Non me parece improbable a idea de que existan outros xeitos de organizar as tarefas de producción dun modo menos mecánico e restrinxido, mais humano. Pero os Pensantes Conservadores xa se encargan de que este tipo de idea se nos antollen imposibles ou perxudiciais os cidadáns. A sua mensaxe é: “As cousas xa están ben como están. O cambio é negativo”. Quizais perciba algo de rencor contra os nosos Directores Sociais, os actuais Pensantes Conservadores, pero despois de que varios compañeiros, e eu mesmo, fosemos marxinados dos círculos académicos por certos estudios de carácter libertario, comprenderá vostede cales son os meus sentimentos cara ós organismos do Estado.

































Xoves. Noite 4: Mulleres.



Vell Thiu: Dende logo, os homes sempre din que non hai quen entenda as mulleres. Pero asegurolle que aquel xoves de fai un ano, despois de que se puxera o sol, no que demos en chamar a Noite das Femias, tivemos que darlles un algo de razón.



Iana Humms: As mesmas sensacións de ser empurradas por algo alleo a nosa vontade, as mesmas forzas invisibles e inevitables que nos estiveran a manexar aquela semana extraña, voltaron aquela noite. Por curioso que lle pareza, foi unha noite na que as mulleres tomamos o control. Alomenos no terreo sexual.



Ethni Bronava: Eu sentiame insaciable, intensamente atractiva, sensual e sexual. O meu mozo, Pankh, o pobre, ainda que se esforzaba, non podía seguir o meu ritmo e acabou con intensas dores nas cadeiras e na entreperna o dia seguinte.



Xinha Monts: Non sei que pensara vostede do que lle vou contar, pero naquela Noite das Femias eu sentíame como unha adolescente xoguetona, a pesar dos meus 79 anos. Notaba polos adentros un algo quente a bulir, volvoretas no estomago. Sen poder evitalo, saín da casa e chamei a porta do meu veciño, Nur Glock, que anda pola miña idade. Cando abriu a porta os ollos engrandeceronselle. Non esperaba tal visita. Eu biqueino e el non se resistíu. Viuvos e vellos coma eramos, pasamola noite xuntos, coma cando mozos, xoves e despreocupados. Bueno, eu mais ca el, que se quedaba durmido a metade do asunto.



Uhala Lietsnnan: ¿Creerá vostede que esa noite, eu que xa perdera un algo de esperanza, dei topado o amor? As forzas do destino fixeron que nos topásemos. Impulsada por un arrebato indefinible saín a pasear polo parque, baixo un ceo estrelado, cando mirei que ela se achegaba. Coñeciamonos de toda a vida, pero nunca dera en pensar que podía haber aquel tipo de atracción. En canto nos bicamos, sentinme liberada.



Kel Liugk (Veciña de Alia, 40 anos): Os nosos beizos xuntaronse guiados por unha forza cega aquela noite no parque. Intenso e cálido. Tódolos medos fora. Na sua casa fixemolo amor sen interrupción toda a noite. Dende aquela seguimos xuntas e namoradas. Ela é a miña pintora e eu son a sua musa.











Lohna Miakx: Non sei que me pasou aquela noite nen como tiven o valor, pero finalmente decidinme e saín as agochadas da casa. Eu so tiña doce anos, pero sentía o amor e o desexo petándome no peito. Puxenme a tirarlle pedriñas a fiestra do cuarto do meu veciño, Wielehs Sazz, que tiña a miña idade. Abriume con coidado de non espertar os seus pais, que debían estar expertos xa, pero ocupados, porque podíamos escoitar ruidiños de cama no seu cuarto. Collin-no da man e subimos o seu cuarto. Bicámonos inocentes e xogamos cos nosos corpos sen saber ben como. Cando quedou durmido, pasei a noite apretada contra el, notando o meu corazón batendo ledo.



Fintznna Mae: Por unha vez, nesa Noite das Femias, foi o meu marido o que pediu tregua na cama. Xa non podía dar mais de si e eu ainda non acababa nin de empezar a xogar, así que non fixen caso das suas súplicas e pedinlle se me deixaba probar algo novo. Antes de que puidese contestarme, eu xa o estaba atando a cama e amordazandolle a boca. Non se pode considerar violación, porque estamos namorados, son a sua muller e sei que el non sufriu, pero o resto daquela noite foi o mais parecido ó abuso sexual que o meu marido experimentou na vida.



Madame Bon-noir: Digo-llo en serio, na Noite das Femias o clube estaba desbocado. As rapazas, todas, incluida eu que xa non son unha moza, estábamos especialmente, uhm, cariñosas. Foi a noite do Coito Extra. Si, as nosas traballadoras estaban especialmente dispostas e insaciables esa noite, así que corremos a voz entre os clientes de que por cada tres orgasmos auténticos que conseguisen darlle as rapazas, terían un servizo gratuito esa noite. Xa pode imaxinar que moitos dos solteiros do pobo, que comezaron a encher o clube, puxeron a proba as suas capacidades. Direille un segredo. Por moito que presuman os homes da sua potencia sexual e a sua capacidade de satisfacer a muller, normalmente todo é mais ben parolada. De feito, e contra o esperado, so cinco homes de trinta e tantos conseguiron un Coito Extra gratuito.



























Lilak Preed (Teórica do Feminismo. Urbanita. 25 anos): Cando vou a dar as miñas conferencias, no turno das preguntas sempre hai algún infraser masculino que alza a man e pregunta: ¿Entón como é que apenas hai mulleres destacadas o longo da historia, en proporción ós homes? Nese momento sinto que debería erguerme a cruzarlle a cara a labazadas, pero como son racionalmente superior a tal espécimen, limítome a tomar aire e, tratando de que o seu cerebro de primate semievolucionado e corrupto pola pornografía, comprenda, resposto-lle: Por culpa do evolución falocéntrica das sociedades xerarquizadas e dominadas maioritariamente por varóns, que se encargaron de relegar a metade da humanidade, e dicir, as mulleres, a postos social, política, económica e culturalmente considerados inferiores, na maioria dos casos. Por non falar dos casos mais arrepiantes de abuso, violencia, dominio, ect, exercido contra as mulleres o longo dunha historia escrita, creada e dominada polos portadores dos cromosomas XY. Se ate xenéticamente os homes son mulleres defectuosas e incompletas. Fronte a perfección do par de cromosomas XX, os homes teñen ese segundo X mutilado, convertido nunha Y. Nun principio, no utero materno, nos primeiros tempos da evolución embrionaria, todos nacemos muller. O tempo e as condicións biolóxicas desviarán ou non ese crecente ser vivo cara un corpo en formación de características masculinas ou femeninas. Pode tomarme se quere por unha misándrica ou unha filóxina, porque o certo é que son ambas cousas.

































Venres. Dia 5: Homes e mulleres.



Wiina Sens (Veciña de Alia, 27 anos): Xa que pregunta por aquel dia, despois da Noite das Femias, direille que na mirada de tódalas mulleres do pobo había un certo relumeo de orgullo e forza e ledicia, mentres que os homes traían os ollos baixos e cansos. O poder da muller manifestárase en tódolos rincóns da vila naquela cuarta noite da Semana Quente. Os homes non podían seguir o noso ritmo. Pero, xa sabe coma son os homes… Sempre a pensar no sexo, e cando llo ofrecemos directo e o máximo, raramente chegan a estar a nosa altura. Mesmo nos orgasmos homes e mulleres son diferentes. Coa estimulación adecuada as mulleres podemos repetir clímax tras clímax. ¿Sentiu vostede alguna vez un orgasmo múltiple? Claro que non, os homes non poden conseguilo, alomenos non do mesmo xeito que as mulleres. Non coñezo nengún caso de breve desmaio ou perda da consciencia por mor dun orgasmo nun home, por moi intenso que poida ser, pero é un fenómeno habitual nas mulleres. E sei ben do que falo. Xa ve vostede que o meu traballo é ser unha profesional do pracer psico-sexual. Xa vai para tres anos que traballo no Clube Sexalia, aquí en Alia, e se todo vai ben espero seguir traballando aquí por longo tempo. A miña vida cambiou dende que cheguei aquí fuxindo dos problemas que tiña na urbe. Aquí os clientes son respetuosos e amables, son libre de elixir con quen ir e estou ben protexida e coidada. E Madame Bon-noir é case coma unha nai, mellor que a miña propia nai. En realidade gustame o meu traballo, faime sentir desexada, poderosa e pracenteira.

¿Quere coñecer a miña historia? Eu comecei ben noviña neste complexo mundo do sexo por cartos. O meu pai morrera fai tempo e cando a miña nai nos abandonou a min e a miña irmá tiven que facer de todo para manternos. Os Servicios Urbanitas estaban colapsados e as axudas sociais apenas daban chegado. Traballei en todo tipo de empregos basura, pero nunca era suficiente pola constante subida dos prezos. Finalmente, por desesperación, acabei aceptando a oferta dun home maduro que me fixera proposicións anteriormente. Polo visto non lle importaba que eu so tivese quince anos. Quería pagarme por estar a soas comigo. Aquilo acabouse convertendo en rutina, pero alomenos por fin tiña cartos. A miña irmá pequena acabou finalmente nun orfanato, pero eu seguín metida no mundo da prostitución. Antes de fuxir e chegar a Alia, a miña vida na urbe era un inferno. Non sei que pasa no ambiente prostibulario urbanita, pero os homes non son coma aquí no pobo. Alí a maioria eran enfermizos obsesos de todo tipo de parafílias, ou violentos machistas que pagaban por dominar a muller, ou persoas demasiado feas ou insoportables como para conseguir sexo gratuito. E por último estaban os bos clientes, limpos e educados, respetuosos coas traballadoras, que viñan porque gustaban do pracer carnal e sabían que conseguirían sexo de calidade. Desgraciadamente estos eran minoría, alomenos nos locales onde eu traballaba.











Finalmente un dia apareceron uns matóns mafiosos reclamando un pago extra ás mulleres por estar traballando no seu territorio. Os Protectores Sociais non fixeron nada ante as diversas denuncias que as traballadoras do sexo presentábamos ante as autoridades pola crecente oleada de extorsión, abusos e violencia que sufriamos por parte daqueles mafiosos. Non so non fixeron nada, senón que aqueles abusadores sentironse lexitimados e con inmunidade para continuar coas suas actividades. Eu, como presidenta da asociación que presentou as denuncias fun ameazada e tiven que fuxir. Finalmente cheguei aquí, a Alia, e topei o meu verdadeiro fogar. Aquí a xente é tolerante e aberta, en contra do que sucede nas urbes, cada vez mais deshumanizadas e habitadas por individuos pechados en si mesmo, pensando todos o mesmo a vez, sen unha moral clara nen ansias de liberdade. Aquí nunca me sentín marxinada polo meu traballo. Todo o contrario. Mesmo teño un medio mozo liberal, un amigo especial dende que rematou a Semana Quente. Son fermosa, e aínda que é un valor superficial, e ben subxetivo, gustame sentir as miradas de pracer dos homes e as mulleres sobre min. A contemplación da beleza é un pracer por si mesmo. E se quere algo mais que pura contemplación, xa sabe, pasese algunha noite polo clube Sexalia e falamos de prezos.



Sim Boinet: Xa sabe vostede como somos os homes. Así, tipificando tópicos en abstracto, seríamos capaces de facer calqueira cousa con tal de lograr un orgasmo. O caso é que na Noite das Femias a clásica pantasía sexual dos homes sendo dominados polas mulleres fíxose realidade. E o certo é que, a pesar de que en Alia temos unha relaxada visión moral sobre o libre comportamento en tódolos asuntos privados dos individuos mentres respeten os demais individuos, eu era de natureza tímida e non me atrevía a acudir o noso moi bo e xustamente valorado clube de sexo, Sexalia. O caso e que un amigo viu a buscarme a casa cando se enterou do que pasaba no clube aquela noite, e faloume do Coito Extra que sorteaban. A min aquelo pareciame algo demasiado pouco íntimo, outra das razóns polas que nunca acudirá antes o clube. Pero no fondo estaba comezando a cansarme de masturbarme na casa, así que decidín achegarme ate alí. Para a miña sorpresa, o local estaba cheo dos solteiros do pobo e algunhas parellas liberais. As rapazas que traballaban alí eran especialmente fermosas, e despois de pedirme unha cervexa, unha muller que resplandecía con forte sensualidade sobre tódalas demais achegouseme e colleume pola camisa e arrastroume a un cuarto privado e dixome que se eu conseguía facer que ela chegase a ter tres orgasmos, tería dereito a un coito gratuito. Eu dixenlle que era a primeira vez que pagaba por obter pracer cunha muller, e algo tímido pregunteille como se chamaba. Ela sorriu con inocencia retranqueira e dixo:

- Vaia, un virxe de prostíbulo. Iso imos arranxalo agora-

Aquelo pareceu poñela ben quente, porque arrincou a miña roupa e o instante estaba bicandome por todo o corpo. Eu nunca estivera cunha rapaza tan fermosa e sensual. Deume todo o seu corpo e eu dinlle o meu. Despois do seu terceiro orgasmo eu ainda non tivera ningún. Ela relaxouse por un intre e dixome: - Acabas de gañar un Coito Extra e o dereito a saber o meu nome-

E susurrándome co seu doce alento quente na miña orella dixo: - Sens, Wiina Sens-

E nese momento, despois de tres anos de luto, namoreime outra vez.



Fridda Deeck (Sexóloga. Urbanita. 46 anos.): Poida que o estudio sexual de Kinsey tivese razón e unha alta porcentaxe dos humanos sexamos potencialmente bisexuais, pero sobre todo, somos sexuais por natureza, por inclinación cara o pracer sexual en si mesmo, sen cargas morais, culturais ou meramente biolóxicas. Ainda así parece que o dimorfismo sexual non so se presenta fisiolóxicamente entre homes e mulleres, senón tamén a nivel de búsqueda, aprendizaxe e uso da sexualidade, coas suas diferencias entre xéneros.

Falemos de tópicos. O clásico comportamento masculino de constante búsqueda sexual manifestase en tódolos aspectos da sua vida. Unha vez descuberto o máximo pracer do clímax sexual tras un pracenteiro viaxe cara ó primeiro orgasmo, normalmente na pubertade, os homes atopanse de súpeto cun acto que se pode repetir e lograr a vontade, así, a práctica da búsqueda do pracer orgásmico, intenso, relaxante e doado de conseguir persistirá durante longos anos na maior parte dos casos. Os impulsos sexuais mais ou menos sublimados, mais ou menos intensos, estarán presentes case a diario na vida dos varóns. ¿E que pasa coas mulleres? ¿Por qué maioritariamente manteñen mellor a calma ante os impulsos sexuais? ¿Acaso é a configuración xenética femenina a que determina o seu comportamento sexual? ¿Ou son a educación e a cultura as que condicionan as pautas de sexualidade?

Odio falar en abstracto. É imposible facer xeralizacións sobre certos temas, e as miñas posicións filosóficas acheganme o relativismo e o subxetivismo. Como en tódolos demais aspectos da vida, no campo da sexualidade cada caso e único. Cada persoa ten mil mundos dentro. Os individuos cambian, evolucionan, adaptanse a entornos e situación diferentes. Non é cuestión de homes e mulleres, so de individuos interconectados por eses grandes entes difusos chamados sociedade e cultura.

Ainda así voulle contar coma pequeno exemplo un experimento de psicoloxía realizado fai xa tempo:

Nunha sala chea de meniños pequenos, entran os suxeitos do experimento, homes e mulleres adultos. O equipo de psicólogos explicoulles que o estudio tiña coma fin determinar quenes poderían nun futuro ser bos pais ou nais segundo actuasen cos nenos.

En realidade os psicólogos estaban analizando outra cousa.

Os pequerrechos estaban vestidos ou de rosa ou de azul. Homes e mulleres entraron na sala e puxeronse a xogar cos neniños.

Presupoñían que os crios vestidos de rosa eran nenas e os azuis nenos. Inconscientemente xogaron de forma diferente cos nenos e coas nenas. Xogos mais dinámicos, movementos mais rápidos e fortes cos nenos, e movementos mais tranquilos e xogos mais pausados coas nenas. Ainda que os suxeitos non o sabían, o caso é que os vestidos de cores estaban repartidos o azar. Non había división real entre nenos e nenas polas cores, pero os adultos amosaron comportamentos e tratos diferentes como se así fose. Por pura repetición de actuacións condicionadas pola cultura e os seus símbolos.

Iso era o que os psicólogos estaban estudiando, a influencia da educación e a cultura nos esquemas e pautas de comportamento entre os xéneros, e as causas que determinan as suas diferencias manifestadas en diversos ámbitos sociais.





Fierh Solsk. (Filósofo. Urbanita. 59 anos): O control da información que circula polos medios, mesmo nas mais recentes tecnoloxías da comunicación global, e refírome especialmente a Intranet, non está fora da vixiancia por parte dos ‘órganos de poder e control social’. O caso e que xa comezan a aparecer casos de adicción e mostras de excesivo aillamento social e da realidade no novo universo que coñecemos coma Intranet, e especialmente atopamos isto no hábito de visitar espacios virtuais, principalmente de carácter sexual, no senso amplo do concepto.

E coma non. O sexo, claro. A sociedade urbanita trata de ocultalo, relegalo a un plano do íntimo, do prohibido e do antinatural, cando é evidente que se trata dunha das pulsións mais poderosas do ser humano. As ereccións producense a millons tódolos dias, e a excitación está no aire. Anuncios de atractivos efebos e belidas mozas en roupa interior decoran, caseque pornográficamente, as paradas de bus, as ruas, repletas de propaganda de calqueira producto, recalcando o seu poder con imaxes lúbricas, escaparates amosando publicidade subliminal de oculto mensaxe sexual na maior parte dos casos.

¿Por que ese bombardeo de mensaxes eróticas? ¿Pola sua capacidade de atraer a atención en base a instintos básicos? ¿Para aumentar a demografia, a través da permanente excitación sexual dos cidadáns, co fin de que sempre queiran aparearse, e teñan fillos os que converter en mais man de obra, que o ser demasiados non poderán reclamar dereitos sociais e laborais dignos, por que o despido, o látigo de hoxe en dia, chegará as suas mans nun fermoso sobre e no seu lugar un pobre necesitado de pan colocará as pezas da engranaxe por menos que nada e…?

O sexo si, outro vicio da vida. E coma non, ¿quen non quere sentir pracer? ¿Quen non quere ser correspondido fisicamente mais alá do onanismo, reafirmando así que a vida ten senso, sentir a máxica comunión de dous corpos que coinciden en que a vida os chama a perpetuarse, ou alomenos, na busqueda do orgasmo compartido, se pode ser?.

Nesta sociedade urbanita observamos tódolos días desarranxos mentais de carácter sexual, prostitución en tódalas suas variantes, monogamia, infidelidade, todo tipo de parafilias, e demais variantes alternativas ó sexo con humanos. Heterhomobiplurisexualismo. Ó fin e ó cabo, sexo.

¿Adictivo? Tal vez. Cada un monta-o coma pode. Personalmente aspiro a un orgasmo diario, alomenos, so ou acompañado. Xa lle digo, cada un montase a vida coma pode, e a forma de conquerir este pequeno aditivo da vida, tal vez tamén adictivo, pasa polas estratexias persoais de cada un, e cada un sabera ó que quere e como conseguilo, así que…















Venres. Noite 5: Homes.





Grec Filhe: Pois xa se poderá imaxinar. ¡Incrible! A noite daquel xoves eu disfrutei dunha experiencia xenial. A iso da medianoite escoitei duas voces de muller que me chamaban dende o xardín da casa dos meus país. Eran un par de amigas as que coñecía da escola. Baixei e puiden observar que estaban ledas e xoguetonas entre elas. Agarraronme e levaronme o monte. E bueno, unha vez alí, unha das pantasías sexuais mais clásicas dos homes fíxose realidade para min. Si, coas duas a vez. ¡Vaia sensación! Acabei derreado. A Noite das Femias chamouse así con razón.

E logo, a noite seguinte, a do venres de fai un ano, chegou o turno dos homes. Foi a Noite dos Machos. Cando o sol se puxo, eu, e como comprobaría despois, tódolos demais homes do pobo, andabamos quentes coma cans. Esa quentura extraña que nos viña manexando de xeito invisible durante aqueles días, chegou ainda mais forte esa noite. Eu fun a buscar as rapazas da noite anterior, pero non estaban pola labor de repetir, así que fixen o mesmo que tódolos demais homes que esa noite non conseguiran acabar con alguén na cama. Fun o clube Sexalia.



Wielehs Sazz: A noite anterior eu… ¡Case perdera a virxinidade! A miña moza, Lohna Miakx, que ainda non ó era por aquelas datas pasadas, na Noite das Femias viu a colarse na miña habitación, e, nesa primeira noite que pasaramos xuntos, so nos tiñamos bicado e agarimado inocentes, pero naquela noite seguinte, a Noite dos Machos, fun eu quen subíu a sua habitación…



Kwirh Zeexs (Veciño de Alia, 38 anos): Encántame o sexo. E faime gracia cando alguén fala de adiccións a certas prácticas sexuais. Pero o certo é que existen. Hai xente que gasta os seus aforros na prostitución, ou se pasan horas falando por liñas eróticas, ou conectados a pornografía de Intranet incapaces de deixar de masturbarse, e incapaces de non sentirse culpables. O problema dos adictos o sexo, non é o sexo, senón a frustración e a búsqueda de algo incerto que se agocha detrás de toda esa obsesión sexual compulsiva, frustración tal vez producto dunha sociedade baleira dunha correcta educación emocional, infestada de mensaxes sexuais explícitos e moitas veces contradictorios respecto a imaxe da ética sexual que nos tratan de impoñer dende os medios de comunicación do Estado. En realidade, neste momento da historia da nosa especie, completamente culturizados, cos instintos ben domados e coas técnicas actuais de hixiene e seguridade sexual, e de control da fecundidade, o sexo existe básicamente para disfrutar, sen culpa nen pecado. O caso é que a miña mensaxe a transmitir é: disfrutar con precaución.









Na miña opinión calqueira acto erótico ou sexual é válido e respetable mentres sexa consentido polas partes participantes, evidentemente, excluindo a menores de idade, xa que non teñen unha opinión clara e formada como para elexir con liberdade plena e consciente.

Pero ate non fai tanto, mesmo a homosexualidade, un fenómeno existente e documentado dende épocas ben antigas, e que se da tamén en animais, estaba rexistrada nos manuais de saude mental coma unha enfermidade mais. Milleiros de persoas sufriron discriminación, psiquiátrico, cárcere, tortura e morte somentes pola sua orientación sexual ó longo de séculos de historia nas sociedades mais represivas cara este fenómeno. ¿Cómo é posible que exista a homofobia aínda neste periodo da historia? ¡Como se unha característica mais da personalidade dun individuo fose tan determinante! E en todo caso, ¿Qué mais dará? Vive e deixa vivir. O único malo da homosexualidade e a intolerancia nas cabezas da xente sen criterio claro que critican algo que nen comprenden, e que último caso, nen lles beneficia nen lles perxudica. Calqueira xeito de actividade sexual voluntaria debería ser unha decisión persoal que so debería atinxir a propia persoa.

Ponme os pelos de galiña a idea de que por ahí fora, nos sórdidos mundos urbanitas dirixidos polos Pensantes Conservadores, ainda se plantexen lexislacións sobre a homosexualidade, como se fose un asunto que comprometese a toda a sociedade. Algo tan individual como son as decisións sexuais libre e voluntarias, sen forzar nen ser forzado, deberían ser asunto exclusivo das persoas implicadas no acto concreto.

Pero indo ó caso, o que pasou na noite daquel venres de fai un ano, na Noite dos Machos, foi que a maioría dos homes ou estaban na cama coas suas parellas dandolle incansables á ximnasia de noite, ou no clube Sexalia demostrando as suas dotes. As rapazas lembran ben aquela noite. Traballaron de seguido ate a saída do sol.

¿E onde estaba eu? Bueno, pois dun xeito misterioso sentinme empurrado cara o parque. Facía unha noite despexada e cálida, porque o sol pegara forte durante o dia, e a lúa escintilaba inmóvil no alto. A sua luz branca e fría fixome sentir coxegas na entreperna. E cando me preparaba para masturbarme o estilo Rimbaud, escoitei uns ruidos de pasos tras de min. Dous homes. Coñeciaos, pero nunca falaramos sobre a nosa mutua atracción. Sentíamos a mesma calor interior e, xa sabe, o final acabamos facendo un trío. Sen mulleres. A Noite dos Machos, si, que lembranzas, que orgasmos…

Pero o caso e que ó final, aquela noite foi a que determinou a nosa actual fortuna. Despois de que o noso pobo se fixese famoso grazas ós medios de comunicación, nos os tres formamos un grupo social que reivindica os dereitos á unha sexualidade libre, segura e consciente. Pode visitar o noso espacio en Intranet, LiberSex//.Intra. Pero a nosa grande sorpresa chegou cando abrimos un pequeno restaurante de cociña erótica e comezou a ter un éxito inesperado entre os turistas urbanitas, especialmente entre grupos liberais e homófilos. Tódolos fins de semana temos as mesas ocupadas para as nosas SexiFestas especiais. Un espectáculo ben divertido e digno de ver. Veña algún sábado e comprobeo vostede mesmo.









Sim Boinet: Despois de quedar abraiado e namorado con Wiina Sens na Noite da Femias, voltei a noite seguinte o clube, nesta ocasión sen vergoña nen timidez, co desexo empurrándome forte cara a fonte do pracer. O sitio estaba cheo, tódalas mulleres ocupadas ian turnándose entre elas, pois os homes esa noite estabamos insaciables. Aquilo era un enorme gang-bang veciñal, sexo en grupo o estilo orxía clásica.

Voulle contar un detalle ben curioso. Seguro que vostede coñece ben o orgasmo masculino. Unha vez se exacula, normalmente necesitase un tempo de relaxación para voltar a estimularse adecuadamente, alomenos xenitalmente falando. Ese tempo de espera, eses intres do cigarro post-coital, eses momentos que se chaman fases refractarias, pois digamos que, na Noite dos Machos, non existiron para ningún home. Imaxine. Orgasmos continuos perfectos.

Persoalmente eu o que fixen, en canto estivo libre e aseada, foi coller a Wiina e pecharnos nunha habitación toda a noite, e, quente e namorado como me notaba, conteille entre suspiros de pracer todo o que ela me facía sentir. Despois daquela noite, penso que ela temén se namorou un chisco de min.



Xcss Ubbermakx (Pornógrafo. Urbanita. 43 anos): Levo no mundo do video porno dende mozo. E tiven sorte de ser tan guapo e ter tan bos contactos. Digo isto por que empecei polo mais baixo da industria. Si, os meus primeiros traballos foron de fluffer. Xa sabe, o símil no porno dos apuntadores no teatro, ou o equivalente moral dos dobres en certas esceas do cine. Eses mozos e mozas que non saen nas pantallas. Persoas anónimas facendo o traballo duro dos protagonistas do porno. Xente que se adica a realizar prácticas sexuais, masturbacións e felacións na maioria dos casos, para manter a tono e excitados adecuadamente, ós actores e actrices nos momentos previos a rodaxe, entre escea e escea, para que non perdan a excitación.

Heterosexual como son, fun afortunado e, ainda que pareza incrible, topei traballo de fluffer de actrices porno. Moitos mozos heteros son fluffers en produccións de videos gays so polos cartos, xa que é un traballo mais demandado. Eu traballaba ben a gusto, traendo bebidas e productos hixiénicos, dando vaselina, masturbando suavemente a mulleres fermosas, practicandolles o cunnilingus, e as veces, antes de que comezasen a rodar, penetrabaas brevemente para abrir camiño, antes de que algún actor afamado do porno chegase a facer o seu traballo con aquel pedazo de carne semi-erecto colgando na entreperna, varios centímetros mais longo co meu.













A miña sorte continuou e participei coma actor en produccións amateur e caseiras, cada vez mais reclamadas por un público farto das antinaturais estrelas do porno clásico. Agora a moda eran videos mais directos, sen argumento, menos pretenciosos, onde importaba menos o tamaño do pene, os peitos das mulleres non eran de silicona, e o equipo de rodaxe era mínimo. Rodaxes de sexo por sexo.

Acabaronse os vergoñantes tentos argumentais, tipo butaneiro/fontaneiro topase con de ama de casa/enfermeira e pasa o que pasa. Aqueles argumentos aburrían os homes que querían acción, e eran historias demasiado estúpidas e carentes da suxestión e sutilidade adecuada para excitar as mulleres. Aquel estilo de porno visual case pasou de moda, agás para os nostálxicos do retro-vintage.

Na miña etapa de actor, prácticamente no 90% das rodaxes nas que participei, non había argumento. Case parecía que grababamos documentais de natureza. Capitulo de hoxe: Coito e diversas prácticas amatorias e sexuais dos Homo Sapiens Sapiens. En realidade, grababamos o tipo de sexo que pode ter unha parella, sexualmente liberada, de mozos recentes, ainda namorados e apaixoados, disfrutando dos seus corpos sen límites. So que neste caso, facíase por cartos, non por amor.

Tempo despois atrevinme a sacar adiante a miña propia productora, tra-lo éxito da miña primeira película de porno-ficción Xtc 69. Descubrín que moitas das fluffers eran mellores dando pracer que as propias actrices porno, pero como no visual importa a imaxe sobre todo o demais, e as actrices porno eran mais atractivas ante a cámara, pois as desnomeadas fluffers acababan traballando sempre detrás dos focos, nunca diante das cámaras. Ainda así, coma homenaxe o seu anónimo traballo, nos meus films sempre inclúo os seus nomes, e imaxes breves do seu traballo, nos créditos finais. Mesmo cheguei a rodar unha película so con fluffers, masculinos e femeninos, onde todos montaban unha orxía. Titulábase Equipo Fluffer: Poder Bisexual. Expertos como eran no arte de dar pracer, asegurolle que aquilo foi unha festa onde todos ó pasaron moi ben entre eles. As copias da película esgotaronse, e hoxe en dia é material de coleccionista. O caso é que a maioría dos actores e actrices non eran cánones de beleza, senon mais ben o contrario. Pero xa ve vostede. Sobre gustos non hai nada escrito.

¿Sabe cal e a diferencia entre a industria visual porno para homes e para mulleres? Que non existe porno visual para mulleres. Bueno, prácticamente. E doado facer pornografía para homes, non importa que sexan homos ou heteros. O importante é o factor visual. O poder da imaxe. O explícito do acto.

En xeral, as mulleres atoparán demasiado evidente e pouco sensual un video calqueira de porno típico, xa sabe, coa estructura básica: desnudo, felación, penetración vaxinal, anal e remate en facial. Cambios de postura algo mecánicos e planos demasiado orgánicos. Por falar do mais clásico, por suposto. Xa sabe que hoxe en dia Intranet está ben cheo de múltiples ofertas de contido sexual que cada dia tratan de ser mais orixinais e rompedoras, creándose novas parafilias e micro-especializacións no gusto sexual dos consumidores.











Pero, ¿Queda algo por inventar no porno? Bueno, eu supoño que un auténtico circuito de porno diferente e de calidade enfocado ás mulleres sería un camiño a seguir. O problema é que non e doado atopar unha liña estética realmente tan atrainte e excitante como para que as mulleres comecen a consumir pornografía visual o mesmo nivel que os homes. Non é sinxelo rodar esceas sensuais de caricias, bicos, roces e corpos fermosos movendose con ritmo. E non olvidemos o tacto, os olores, os sabores, sentidos inexistentes nos films, pero ben necesarios na maioria dos casos para a correcta estimulación psico-sexual femenina. Estou case seguro de que para a maioría dos homes, ese hipotético auténtico porno para mulleres sería, umh, aburrido, alomenos para se masturbar en soidade nun momento de quentura extrema, en que apetece sexo duro explícito, case sen imaxinación polo medio, carne por carne, na búsqueda veloz do orgasmo. Pero bueno, hai gustos para todos. Na variedade está o gusto. Aínda así agradaríame se-lo primeiro director masculino de cine porno que fose capaz de realizar unha producción, explícita pero sutil, que puidese satisfacer e excitar a un número amplo de mulleres espectadoras.

Agora estou traballando nun proxecto diferente. Vou tratar de crear un traxe masturbador cunha serie de electroestimuladores regulables que poderían dar pracer constante ós seus usuarios. Haberá traxes adaptables a cada gusto particular, dependendo das partes do corpo e o estilo de estimulación que se queira acadar. Seguro que acaban tendo gran éxito.

Pero mentres, estou pendente a ver que tal acollida ten a miña película baseada na historia do pobo de Alia. Está a punto de estrearse, e titúlase SexxxAlia. Todo canto podo dicirlle e que algúns dos habitantes do pobo participan no filme, unha historia baseada na Semana Quente, a medio camiño entre o ruralismo máxico e o porno explícito. En duas semanas emitirase por Intranet. Non perda a oportunidade de disfrutala.





























Sabado. Dia 6: Democracia.



Fionn Lems: Eu como alcalde temporal do pobo estou plenamente involucrado no bo discorrer da vida dos habitantes de Alia. Por iso son un participante activo na nosa política baseada na democracia directa e constante. Somos un pobo tan pequeno que e doado de organizar. Por suposto que dependemos en certa medida da organización central da Urbe, pero practicamos con liberdade o noso estilo de regular a economía e a vida colectiva. Si, somos mais ben unha autarquía democrática.



Wielehs Sazz: Ate un rapaz coma min, de so trece anos, xa participa nas asambleas colectivas. A asistencia é voluntaria, pero as decisións tomanse por maioría ou tras un debate moderado e racional sobre un asunto concreto. Ninguén me obriga a asistir, pero eu vou por sentirme integrado e útil, por aportar a miña opinión, para aprender a escoitar e a racionalizar o meu discurso e axudar a mellorar a vida en colectivo.



Iana Humms: Así que o sábado é o dia en que facemos as nosas reunións. Normalmente asistimos tódolos veciños. Reflexionamos primeiro sobre cuestións cotiás prioritarias e votamos. Logo hai un debate aberto e pechamos a sesión plantexando cuestións para o sábado seguinte.



Vaier Trott: O xeito en que organizamos a nosa vida política e social en Alia é completamente diferente a como se fai nos territorios urbanitas. Eu son simplemente un taberneiro, pero asegurolle que nas reunións democráticas dos sábados, a maioría dos veciños estamos políticamente mellor preparados e concienciados que muitos dos Directores Sociais que gobernan dende as urbes.



Xinha Monts: O pobo escoita, o pobo fala, o pobo decide.



Munx Teader: A nosa receta é: racionalidade nas decicións colectivas para conseguir unha sociedade respetuosa coas liberdades individuais.



Nur Glock: Homes e mulleres, nenos e maiores. Nas nosas reunións de veciñanza cabemos todos. Cada sábado aprendemos a mellorar a nosa vida. Todos temos dereito a opinar, a coñecer outras opinións, a tomar decisións que nos afectan a todos. Buscamo-lo consenso e o beneficio común.





Uhala Lietsnnan: Xa ve vostede. Unha pintora coma min convertida cada sábado en membro activo do grupo asambleario. Ese dia cada un deixa de lado a sua actividade habitual e centramonos nos problemas e solucións que se vaian presentando. Debatimos e votamos as posibles solucións para os feitos concretos que se presenten cada sete días. Eu aparco os meus lenzos e óleos, e falo sobre alcantarillado ou instalacións eléctricas ou sobre mantemento de espazos públicos, ect. Propostas racionais elaboradas polo colectivo para resolver os problemas que afecten ó propio colectivo do xeito mais efectivo posible a medida que se presentan. Para min esa é a democracia. E debería ser constante e directa, en igualdade de condicións entre os individuos integrantes do colectivo.



Grec Filhe: Normalmente son un pasivo individualista e case nunca acudo as reunións. E ninguén toma a mal as miñas ausencias. Ate ese punto se respeta a individualidade. Ademais sei ben que as decisións que se toman nos Sábados Asamblearios son as correctas para o bo funcionamento da vila. De tódolos xeitos, aquel sábado de fai un ano, si asistín a reunión. De feito, non faltou ningún veciño de Alia. Aquel dia estabamos todos.



Bonn Xeiks: Na reunión daquel sábado de fai un ano, trataronse temas moi importantes. Falamos de cousas que cambiarían o destino do pobo. E non lle podo dicir mais.





Denill H. (Publicista. Urbanita. 32 anos): Voulle contar un segredo. Se ten dúbidas sobre as posibilidades de éxito dun hipotético producto ou dunha campaña publicitaria, so ten que engadir algún elemento sexual mais ou menos explícito, e terá asegurada a atención dos hipotéticos consumidores.

Imaxine un anuncio. Poñamos que de perfume. Non importa que o producto sexa para homes ou para mulleres. Se aparece unha muller fermosa, cun bo escote ben enfocado, iluminado por unha luz suxerente, os homes heteros, as mulleres lesbianas, as mulleres heteros e os transexuais, pensaran o mesmo: ¡Eu quero ese escote! Ainda que por razóns distintas en cada caso.

Xa sabe, o sexo vende.















Sabado. Noite 6: Amnesia.





Xen Moritz: Aquí de novo o seu reporteiro informando sobre o curioso caso de Alia un ano despois dos feitos que fixeron famoso a este belido e tranquilo pobo. As suas amables xentes, que ate o de agora falaran claros e sinceiros sobre o sucedido nos días da Semana Quente, ó chegar as preguntas sobre o acontecido na noite do sábado, tódolos veciños calan e gardan silencio. Desculpanse con amabilidade, e cos ollos fuxidíos, excusanse dicindo que non lembran nada daquela noite. Semella un caso de amnesia colectiva. Outro exemplo mais das misteriosas forzas que manexaron o pobo en conxunto durante aqueles sete días. Nada en claro puiden sacar do extraño mutismo que envolve a noite daquel sábado, ó cal os habitantes do pobo prefiren chamar Sábado do Silencio.



Shoiur Fixx (Biólogo. Urbanita. 53 anos): Si, eu quería falarlle sobre os Pan Paniscus, os bonobos ou chimpancés pigmeos. Pero a miña memoria xa non é o que era, e, xa sabe o que pasa cando un se, ehem, aficciona demasiado ó Amnesiak 3mg. Pero bueno, iso non é problema nos tempos actuais, ¿non si? Tendo unha boa conexión de Intranet, todo o coñecemento que se precisa está ó alcance do noso cerebro. ¿Quen quere memorizar milleiros de datos puidendo acceder a eles en cuestión de segundos?

Agarde un intre a que conecte o meu bio-receptor de Intranet, o modulador de voz electró-orgánico, e busque no centro virtual de información colectiva Konzepts//.Intra. Moi ben, hai vai o artigo sobre o tema do que lle quería falar:

“El bonobo (Pan paniscus), también llamado chimpancé pigmeo (o menos frecuentemente chimpancé grácil o chimpancé enano), es una de las dos especies que componen el género de los chimpancés, Pan. La otra especie del género Pan es el chimpancé común (Pan troglodytes).

El bonobo fue descubierto por primera vez en 1928, por el anatomista americano Harold Coolidge, que presentó un cráneo en el museo Tervuren en Bélgica que se creía pertenecía a un chimpancé joven. Sin embargo, el mérito del descubrimiento del mismo como especie diferenciada se atribuye al alemán Ernst Schwarz, que publicó el descubrimiento en 1929. La especie se distingue por la tendencia a que sus individuos anden erguidos en ocasiones, por su cultura matriarcal e igualitaria, y por el papel preponderante de la actividad sexual en su sociedad.

Una teoría sobre el origen del nombre "bonobo" afirma que es un error de pronunciación del nombre del pueblo de Bolobo, en el río Congo. Sin embargo, una explicación más plausible es que proviene de la palabra "ancestro" en un antiguo dialecto Bantú.

El nombre científico del bonobo es Pan paniscus. Como el 98% de su ADN es idéntico al del Homo sapiens1 , están más emparentados con los humanos que con los gorilas.

Por lo tanto, la comunidad científica reclasificó la taxonomía del bonobo (y el chimpancé común), cambiando su nombre de familia Pongidae a Hominidae, que incluye a los humanos.





Pruebas recientes de ADN sugieren que las especies del bonobo y el chimpancé común se separaron la una de la otra hace menos de un millón de años.3 La línea común bonobo/chimpancé se separó de la línea evolutiva humana hace aproximadamente unos seis millones de años. Como no ha sobrevivido ninguna especie anterior al Homo sapiens en la línea evolutiva humana, ambas especies de chimpancé son el pariente vivo más próximo de los humanos.

El bonobo es más grácil que el chimpancé común. Su cabeza es menor, pero tiene una frente más ancha. Tiene la cara negra con labios rosados, orejas pequeñas, orificios nasales anchos, y pelo largo en la cabeza. Las hembras tienen pechos ligeramente prominentes, en contraste con los pechos planos de otros primates hembra, aunque no tan prominentes como los de las hembras humanas. El bonobo tiene también un cuerpo delgado, hombros estrechos, cuello delgado y piernas largas comparado con el chimpancé común. Los bonobos caminan erguidos el 25% del tiempo en sus desplazamientos por el suelo. Estas características, junto con su postura, le da a los bonobos una apariencia más humana que los chimpancés comunes. Así mismo, los bonobos tienen una gran diferenciación facial, al igual que los humanos, de modo que cada individuo tiene una apariencia significativamente distinta, permitiendo el reconocimiento visual en la interacción social.

Frans de Waal, uno de los más importantes primatólogos a nivel mundial, afirma que el bonobo es capaz de manifestar altruismo, compasión, empatía, amabilidad, paciencia y sensibilidad.

Observaciones recientes en su entorno han confirmado que los machos en los grupos de chimpancé común son extraordinariamente hostiles hacia los machos externos al grupo. Organizan grupos de exterminio para "patrullar" en busca de machos desafortunados que puedan estar viviendo en solitario cerca de su grupo. Este no parece ser el comportamiento de los machos o hembras bonobos, que parecen preferir el contacto sexual dentro de su grupo más que la búsqueda de confrontaciones hostiles con extraños. El bonobo vive en ubicaciones donde no habita el más agresivo chimpancé común. Posiblemente el bonobo ha preferido dejar un amplio margen con respecto a su más violento y físicamente fuerte primo. Ninguno de los dos nada, y suelen habitar zonas opuestas de anchos ríos.

Los bonobos, por lo menos en cautividad, suelen ser considerados como más inteligentes que los chimpancés.4

Las relaciones sexuales juegan un papel preponderante en las sociedades de bonobos, ya que son usadas como saludo, como método de resolución de conflictos, como medio de reconciliación tras los mismos, y como forma de pago mediante favores tanto de machos como de hembras a cambio de comida. Los bonobos son los únicos primates (aparte de los humanos) que han sido observados realizando todas las actividades sexuales siguientes: sexo genital cara a cara (principalmente hembra con hembra, seguido en frecuencia por el coito hembra-macho y las frotaciones macho-macho), besos con lengua y sexo oral.

La actividad sexual tiene lugar tanto dentro de la familia inmediata como fuera de ella, y suele implicar tanto a adultos como a crías5 . Los bonobos no forman relaciones estables con parejas individuales.

Tampoco parecen discriminar en sus comportamientos sexuales según género o edad, con la posible excepción de las relaciones sexuales entre madres y sus hijos adultos; algunos observadores creen que esos emparejamientos son tabú. Cuando los bonobos encuentran una nueva fuente de comida o lugar de alimentación, la excitación general suele desembocar en una actividad sexual en grupo, presumiblemente descargando la tensión de los participantes y permitiendo una alimentación pacífica6 .

Los machos bonobo practican con frecuencia varias formas de sexo genital entre ellos (frot).7 Una de las formas consiste en ambos machos colgando de un árbol cara a cara mientras frotan sus penes entre sí. También se ha observado a los machos bonobos realizando esta actividad en el suelo. Una forma especial de la misma, empleada por los machos como reconciliación tras un conflicto, se realiza con ambos tumbados en el suelo y trasero con trasero, mientras frotan sus bolsas escrotales entre ellas.

Las hembras bonobo también usan el sexo genital hembra-hembra (tribadismo) como forma de establecer relaciones sociales entre ellas, fortaleciendo así el núcleo matriarcal de la sociedad bonobo. La estrecha relación entre las hembras les permite dominar la estructura social - aunque los machos son físicamente más fuertes, no pueden plantar cara solos a un grupo unido de hembras, y no suelen colaborar entre ellos de esa forma. Las hembras adolescentes suelen abandonar el grupo en el que nacen para unirse a otro. Esa migración habitual de las hembras hace que el fondo genético de los bonobos se mezcle con frecuencia.

A pesar del enorme incremento en la actividad sexual, la tasa de reproducción no es mayor que la de los chimpancés comunes. Las hembras cuidan de sus crías y las alimentan durante cinco años, y pueden dar a luz cada cinco o seis años. Comparadas con las de chimpancé común, las hembras de bonobo recuperan la actividad sexual mucho antes tras el parto, lo que les permite reincorporarse a las costumbres sexuales de su sociedad. Incluso los animales estériles o demasiado jóvenes o viejos para reproducirse participan en estas actividades sexuales.

Richard Wrangham y Dale Peterson enfatizan el uso del sexo por parte del bonobo como mecanismo para evitar la violencia.

"Tanto el chimpancé común como el bonobo evolucionaron del mismo ancestro que dio lugar a los humanos, y sin embargo el bonobo es de las especies más pacíficas y no agresivas de mamíferos que hoy día viven en la tierra. Han desarrollado vías para reducir la violencia que permean toda su sociedad. Nos muestran que la danza evolutiva de la violencia no es inexorable".8

Las hembras tienen un tamaño mucho más pequeño que los machos, pero un estatus social mucho mayor. Los encuentros agresivos entre machos y hembras son raros, y estos se muestran tolerantes para con cachorros y crías. El estatus de un macho es un reflejo del de su madre, y el vínculo madre-hijo es con frecuencia muy fuerte, manteniéndose durante toda la vida. Aunque existen jerarquías sociales, el rango de cada individuo no toma un papel tan preponderante como en otras sociedades de primates.

Los bonobos son activos desde el amanecer hasta el crepúsculo, y viven siguiendo un patrón fisión-fusión: una tribu de cerca de un centenar se dividirá en pequeños grupos durante el día mientras buscan comida, y luego se reúnen por la noche para dormir. Duermen en los árboles, en nidos que construyen ellos mismos. A diferencia de los chimpancés comunes, de los que se sabe que ocasionalmente cazan otros monos, los bonobos son principalmente frugívoros, aunque también comen insectos y ocasionalmente se les ha visto atrapando pequeños mamíferos como las ardillas u otros primates.9

Los bonobos pueden pasar la prueba del espejo, que sirve para demostrar la conciencia de uno mismo. Se comunican principalmente mediante sonidos, aunque aún no se conoce el sentido de sus vocalizaciones; sin embargo, los humanos comprenden de forma sencilla sus expresiones faciales1 y algunos de sus gestos con las manos, como la invitación a jugar. Dos bonobos, Kanzi y Panbanisha, han aprendido un vocabulario de cerca de 400 palabras que pueden escribir usando un teclado especial de lexigramas (símbolos geométricos), y pueden responder a preguntas formuladas de viva voz. Algunos, como el bioético Peter Singer, argumentan que esos resultados califican a los bonobos al "derecho a la supervivencia y la vida", derechos que los humanos teóricamente reconocen a todas las personas.

Hoy día, quedan unos cuantos miles de bonobos como mucho, formando parte de una pauta mucho más general de extinción de los simios.”

Disculpe o exceso de información, pero o meu bio-receptor de Intranet debe estar algo estropeado e non conseguía parar o discurso. Supoño que saberá vostede disculpar o feito de que transcribise oralmente o artigo sen traducción, xa que o idioma empregado nel, é ben semellante o noso, e comprendese con facilidade. En resumidas contas, agora poderá apreciar mellor como son de adorables e interesantes estes simpáticos animaliños. Son a miña especialidade como biólogo. Xa ve que son un experto no tema.





Domingo. Dia 7: Preparativos Finais.





Sim Boinet: O domingo daquel ano, o que marcou o final da Semana Quente, coincidiu co tradicional Domingo da Boa Queima. É a nosa festa tradicional anual. Todos traballamos moito para poder ter unha boa fogueira colectiva para esa noite. Para celebrar unha merecida e tradicional Festa en conxunto. Para invocar ó cambio.



Lohna Miakx: Xa pode imaxinar a ilusión que nos fai os rapaces a Festa da Boa Queima. Pasámolo moi ben. Toda a noite de troula. Menos o ano pasado, que sucedeu algo ben raro.



Grec Filhe: O que facemos para preparar a Festa é acarrexar durante o dia, cada veciño a sua maneira, tódalas cousas que xa non serven e que ninguén necesita, e levanse o centro da praza do pobo.



Fintznna Mae: Tódolos veciños din adeus a cousas que xa non serven, e fan con elas pequenos enterros na pira funeraria. Esta festa e un xeito de aprender a deixar cousas atrás. O lume purificador, homenaxe ó pasado, porta do futuro.



Rumh Xeiks: Logo bótase por riba tóda a ramallada e a palla seca, paus vellos e podres, broza. Toda a trapallada inservible e irreciclable.



Xinha Monts: É unha ocasión ben fermosa e especial. Levo asistindo a esta festa dende pequena e encántame. Sigo participando mesmo os meus anos e coa miña saude.



Uhala Lietsnann: Todo ese lume inmenso na noite, queimando cousas pretéritas, vellas. Resultoume inspirador para as miñas pinturas dende nena.



Fionn Lems: Certo é que eu como alcalde temporal son responsable ante o pobo de Alia, pero o feito é que en douscentos anos de celebración da tradicional Boa Queima, nunca pasara o que pasou naquel domingo pola noite, fai un ano. Outra vez forzas incontrolables nos dirixían colectiva e inconscientemente.





Pankh Awei: Eu coma organizador social encargueime de que todo saise ben. Desgraciadamente as cousas foronse-nos das mans. Non pola nosa culpa. As forzas extrañas que andiveran xogando con nos e coa nosa líbido durante toda a Semana Quente estiveron especialmente presentes nese último dia, o domingo pola noite.







Marckskhuneen Neetzs (Historiador. Urbanita. 67 anos): Tal vez vostede ou os futuros espectadores desta reportaxe xa coñezan a historia de Alia, pero vou resumila brevemente para os rezagados. Si, Alia fixose ben famosa despois do escándalo que os medios propagaron. O certo é que foi un caso ben curioso, sen embargo, meramente anecdótico. Pero o sector gobernante actual, co seu conservadurismo social, coa sua dobre moral, e os medios de comunicación ás suas ordes, ávidos por difundir noticias sen profundidade, pero cheas de sensacionalismo e morbo, encargaronse de magnificar, de demonizar, de abrir debates baleiros a todas horas sobre a noticia, aproveitando para desviar a atención de certos feitos políticos que se estaban tratando de ocultar. O caso é que lles funcionou. Fai un ano a xente so falaba do caso de Alia, esquecendo a corrupción política que se esvaía entre as tebras da desinformación.

A pregunta é: ¿Escoitara vostede falar do pobo de Alia antes de que fai un ano saisen aqueles reportaxes na prensa, falando dunha extraña epidemia de hipersexualidade nocturna na pequena vila, e o público tivese acceso a aquelas fotos de homes e mulleres e vellos e nenos danzando espidos, como en trance, na praza do pobo, arredor dunha inmensa fogueira que xa comezara a arrasar parte das casas do centro da aldea, cando chegaron a prensa e os bombeiros?

O certo e que o pobo de Alia ten unha historia de aproximadamente douscentos anos. Foi fundada polos grupos de homes e mulleres do Frente de Liberación Humano que fuxían cara unha nova utopía lonxe da vida das crecentes e alienantes Urbes, onde o dominante conservadurismo socio-politico nos seus comezos era ainda mais duro e pouco flexible coa diversidade humana que a tendencia conservadora actual, que se amosa mais sutil nos seus métodos, ainda que persegue os mesmos fins de sempre, isto é, perpetuar o sistema actual, onde unha oligocracia político-económica goberna sobre a maioria dos cidadáns, considerados impersonalmente e tratados como simples traballadores-consumidores.

Así que aqueles grupos de desencantados marcharon os montes, coa esperanza de acadar un novo xeito de vivir coa natureza, non contra ela e a costa dela. Formaron unha nova sociedade e pouco a pouco mantiveronse estables. Construiron o que hoxe coñecemos como Alia, coas suas casas, infraestructuras de enerxías renovables e campos de cultivo. A maioria da xente que vive alí son descendentes daqueles primeiros utópicos, educados xeración tras xeración en valores mais libertarios, diferentes o paradigma ético e moral urbanita.









Ainda que Alia representa a imaxe dós bos salvaxes, ainda que é o reflexo do lado limpo e libre do espello da alma humana, e polo tanto, case unha molestia natural para a mentalidade político-moral urbanita, non representaba realmente un perigo para o Estado, xa que os seus habitantes son unha mota de polvo rural no océano urbano. Antes de chegar a ser un pobo famoso, a sua economía consistía nunha mezcla de autoabastecemento, troco entre os veciños e comercialización esporádica de certos productos para os mercados das Urbes.

Pero duns anos cara aquí, por mor de cambios na política, o Estado quería acabar co pobo, ainda que non podía ataca-lo polo camiño político, debido as lexitimadoras Leis de Independencia Microterritorial que conseguirán no pasado, coa fundación da vila. Así que os novos Directores Sociais resolveron perxudicar a Alia usando estratexias económicas. Fomentaron a través dos mass-media o non consumo de productos procedentes da aldea, restrinxiron o acceso as comunicacións e a Intranet no pobo, e limitaron a importación e a exportación entre a Urbe e Alia. Ainda así, Alia continuou a sua vida, a pesar do descenso na calidade de vida dos seus habitantes. Os Pensantes Conservadores miraban recelosos cara Alia, xa que non podían aceptar a idea de que un pobo aillado se xestionase por si mesmo, sen entrar na constante cadea de traballo, producción, consumo e capital, que é a base mesma que sustenta a sociedade urbanita. Non podían atacalos directamente, pero deixarían que caesen na ruina e no olvido, que desaparecesen finalmente coma pobo, aquela pequena molestia en forma de utopía minúscula.

E logo, fai un ano, chegan as noticias, e saen aquelas fotos divertidas, excitantes ou escandalosas dependendo do observador, e de súpeto, o pobo colle fama, e todo o mundo quere coñecer Alia e a sua extraña historia, e aumentan espectacularmente as visitas turísticas, ect. Así que unha vila esquecida, case o borde da desaparición, en cousa de semanas, e coa axuda de donativos anónimos, o principio, e despois, cos cartos dos turistas urbanitas atraídos polos misterios, exotismos e os supostos poderes afrodisíacos das augas, alimentos e as atmósferas da aldea, o pobo foi conseguindo un capital que lle permitiu reparar e xestionar as desfeitas que o embargo político-económico lles causara.

E xa ve hoxe en dia como está a aldea. Unha maravilla. Souberon sacarlle partido ó que teñen. Non deixen de visitala.





















Domingo. Noite 7: Lume final.





Bruggelh Nixc (Xefe de bombeiros. Urbanita. 39 anos): As alarmas saltaron sobre a medianoite, cando miramos un lume grande na zona dos montes, na aldea de Alia. Enviamos de seguida unha serie de unidades contra incendios.



Reps Iohniom (Redactor xefe. Urbanita. 56 anos): Pois si, algo antes das doce desa noite, recibimos unha chamada anónima ó periódico, dicindo que se queríamos unha boa reportaxe debíamos achegarnos o antes posible a aldea de Alia. Eu enviei alí a un novato, porque non confiaba demasiado na veracidade ou no posible interés da chamada. Aquel novato tivo sorte, colleu a noticia de pleno e saltou a fama. Seguro que o coñece. É o reporteiro de moda Raat Kloims.



Qoomh Sibzz (Bombeiro. Urbanita. 35 anos): Cando chegamos topámonos cunha escea realmente dantesca. Parecía un lenzo dó Bosco. Rodeados dunha enorme fogueira descontrolada, que ameazaba con destruir as casas, tódolos vecinos do pobo danzaban eróticamente, coma inconscientes, coma poseídos por unha forza invisible que os mantiña en trance, no centro da praza do pobo. Algúns semellaban copular nos rincóns. Baixo aquelas lapas de lume vermello puiden ver tamén a un reporteiro facendo fotos de todo aquilo.



Raat Kloims (Reporteiro. Urbanita. 27 anos): Xa ve vostede coma son as cousas. A miña primeira reportaxe e dou en pleno. Aquelas fotos, as da orxía dionisíaca veciñal de Alia, no medio dun lume que arrasaba os seus fogares, fixeronse ben famosas. Aquela noite de lume e tolemia colectiva fixen arredor de setecentas fotos. As primeiras, antes da chegada dos bombeiros que puxeron fin a todo aquilo, son espectaculares. Algunhas xa son clásicos do arte erótico actual. O caso é que finalmente aquel lume salvou o seu pobo, que polo que parece estaba a piques de esmorecer. Cando se coñeceu a noticia, moita xente, altruistamente, mandou donativos para axudar a reparar a desfeita. Logo, o turismo controlado, sabiamente xestionado pola Asamblea Colectiva Popular de Alia contribuíu notablemente á mellora das economías e a calidade de vida dos veciños da vila. É mais, os seus abogados conseguiron que teñan dereito a percibir unha porcentaxe dos benefícios obtidos polo uso das suas imaxes. Amparados polo dereito de imaxe, técnicamente, eles, como colectivo, gañaron mais cartos coas miñas fotos ca min.









Vaimp Sakblod (Asegurador. Urbanita. 47 anos): Bueno, este tipo de contratos son claramente confidenciais. Ainda non sabemos que compañía de seguros traballaba para o colectivo de Alia, en caso de que algunha o fisexe. Pero como experto asegúrolle que, neste momento do primeiro aniversario dos sucesos, e con toda a fama dos medios posta en Alia, calqueira aseguradora estaría interesada en pagar xenerosamente os afectados, a cambio de conseguir boa publicidade a través dos testemuños positivos dos asegurados.



Nolek Csech (Bombeiro. Urbanita. 30 anos): Alucinante. Normalmente, cando te chaman para apagar un lume, o que menos imaxinas e que te vas a topar cunha xuntanza veciñal o completo, todos espidos, abrazandose, danzando entolecidos entre eles, algúns fornicando en parellas, en trios ou en grupos de diferente número, agochados entre as sombras danzantes que producía o lume que os rodeaba queimando todo.

O mais extraño foi que cando comezamos a botar auga coas mangueiras, apagando os tellados das casas, moitos xa calcinados, a medida que mollabamos tamén os veciños, estes, o entrar en contacto coa auga, comezaban a sair do seu trance, e, asustados e avergoñados, miraban espantados e incrédulos o seu redor, e fuxían do lume, buscando roupa para taparse.



Dinah Soift (Doutora. Urbanita. 32 anos): Aquela noite eu cheguei coa primeira ambulancia ó pobo. Cando me falaron do que os bombeiros e o reporteiro se toparan nada mais chegar, non daba creto. Aqueles veciños mollados, envoltos en sábanas, asustados, desesperados o mirar os seus fogares arrasados polo lume, parecían de todo menos xente que viñera de participar nun rito báquico colectivo. Ninguén estaba ferido ou queimado a pesar do perigo da situación. Ninguén se sentía víctima de abuso sexual ou violencia. So parecían confusos e algo avergoñados. Cando mirei días despois a noticia e as fotos nos medios de comunicación, as imaxes do que eu non chegara a ver cos meus ollos, as esceas das que falaban os bombeiros e o periodista, cando mirei aquela enorme orxia plurisexual, simplemente alucinei.



Bunk Uldd (Empresario. Urbanita. 59 anos): Eu probara a viaxar de vacacións como turista a moitos lugares lonxanos, buscando algo distinto, sen decatarme de que moi preto da miña Urbe tiña un pequeno paraíso. Si, viaxar a Alia un fin de semana significa non so boa comida, boas vistas, paseos relaxantes e espectáculos diversos. É tamén o mais parecido a facer turismo erótico que probei nunca.













Dubbt Skeppth (Filósofo. Urbanita. 55 anos): Deronse todo tipo de explicacións sobre o asunto das anomalías acontecidas no pobo de Alia. A pesar de non ser habituais, é certo que existen casos de histerias en masa, de alucinacións colectivas. Pero persoalmente, eu como filósofo posicionado no escepticismo, inclinome sempre pola dúbida, o racionalismo crítico e a imposibilidade certa de coñecer dun xeito totalmente obxetivo a verdade absoluta sobre un feito. Na miña opinión persoal, no caso de Alia, prefiro falar de fabulación colectiva consciente. Porque, ¿Non creerá vostede en serio a historia que contan os veciños, acerca de forzas invisibles que dirixiron os seus actos e anularon as suas vontades, nas sete noites da Semana Quente?

As únicas testemuñas directas coas que contamos para explicar este caso, son as palabras dos propios veciños. Pero unha serie de testemuños orais, e mais nun caso coma este, apenas teñen valor de cara a conseguir certo nivel de veracidade.

Logo temos os feitos relatados polos bombeiros, cuias percepcións visuais poderían estar distorsionadas polo intenso lume, e os informes elaborados pola doutora responsable do caso esa noite, que menciona a suposta orxía colectiva como anécdota non comprobada por ela mesma, senón mencionada polos bombeiros. E despois temos as fotos tomadas polo reporteiro, que parecen escenificar unha obra de teatro erótico moderno, unha escenografía de luxuria barroca, lume, danzas, desnudos, provocación artística pre-postmoderna, xa sabe. Cando miro as fotografías daquela noite sempre sinto que hai algo falso, artificial, planificado, nas imaxes de toda aquela xente espida, retorcendose co lume alaranxado ó fondo.

So lle direi unha cousa, unha frase atribuida a Pirrón, un filósofo grego da antiguedade, un dos primeiros representantes do escepticismo filosófico radical: Non existe a verdade, so as opinións.

O meu consello é: Nunca deixe de adquirir coñecementos. Analiceo todo sempre, e dende diversos puntos de vista. Exerza a crítica e plantexe dúbidas sobre o que vaia aprendendo. E despois de meditar pausada e racionalmente sobre os feitos ou datos concretos, saque vostede as suas propias conclusións.





















EPÍLOGO



Xen Moritz: E ate aquí a nosa reportaxe sobre o curioso caso do pobo de Alia. Este tento de mirada caleidoscópica, a través dun dos últimos fenómenos extraños, sucedidos non tan lonxe da nosa Urbe, chega a sua fin. No momento de emitirse este documental por vez primeira a través de Intranet, un mes despois da sua realización, a situación dos protagonistas desta historia era a seguinte.





Secuelas.

Por orde de aparición:

Veciños de Alia

Bes Splatz: Continua coa sua granxa de animais. Os seus productos naturais son ben recibidos nos mercados da Urbe. Os turistas urbanitas que proban os seus queixos aseguran que o seu consumo intensifica o pracer do orgasmo.

Nur Glock: Disfruta da sua vellez namorado de outra viuva coma el, Xinha Monts, na vila que os viu medrar. Confesa que ainda ten ereccións, ainda que non tan fortes coma as que tivo o longo de varias noites da Semana Quente.

Vell Thiu: Segue a ser unha nai e unha esposa estupenda. Os fins de semana, ela e o seu marido, xunto con outras parellas, imparten, previo pago, técnicas amatorias a urbanitas interesados.

Grec Filhe: Traballa no mundo da moda e o espectáculo. Famoso polo seu papel protagonista, interpretándose a si mesmo, na película SexxxAlia do director de cine porno alternativo, Xcss Ubbermakx.

Iana Humms: Publicou recentemente un libro de poemas eróticos baseados nas suas experiencia durante a Semana Quente, titulado Lumes por dentro da noite.

Sim Boinet: Traballou coma guionista na película SexxxAlia, e participou nunha escea de sexo explícito coa sua parella liberal, Wiina Sens, protagonista do film. Pretende seguir no mundo do porno rural, como actor/director/guionista. Finalmente rematou a sua maqueta do pobo en miniatura.

Pankh Awei: Segue encargándose do Centro Social de Alia, xunto coa sua moza, Ethni Bronava. Como tarefa extra, abriron talleres de sexualidade para adultos, con grande número de urbanitas asistentes.

Ethni Bronava: Idem et viceversa.



Rumh Xeiks: Delegou as tarefas da producción de xotecks amargos nas mans do seu fillo, e adicase a disfrutar do tempo libre.

Madame Bon-noir: Continúa rexentando, cada vez con mais éxito, o clube Sexalia, que segue tendo reservado o dereito de admisión de clientes por parte das mozas que alí traballan. Cos beneficios, o colectivo de traballadoras do sexo de Alia, acabaron montando un pequeno clube anexo para uso e disfrute das mulleres como clientas, onde os que traballan son os homes, elegantes, educados e sempre dispostos a satisfacer á muller. A calqueira muller. Este novo clube tivo tal éxito que pronto haberá ampliacións.

Xuk Dieter Von: Publicou as suas memorias sobre a sua vida en Alia. Titulase Sempre en Alia.

Wielehs Sazz: Segue estudando en Alia, e continúa namorado da sua moza, Lohnna Miakx.

Xinha Monts: Comparte vellez con Nur Glock, e disfruta da fama que teñen os seus vestidos de deseños rústicos entre os urbanitas de alta clase.

Moonk Fieggels: As suas obras de arte erótica talladas en madeira tiveron unha boa acollida nos círculos artísticos urbanitas.

Bonn Xeiks: Acolleu a responsabilidade sobre a producción de xoteks amargos, mantivo a receta orixinal de elaboración, modernizou o envase, ampliou os contactos comerciais, e a bebida triunfou nas noites urbanitas.

Herer Brutts: Continúa a traballar na sua panadería, pero agora tamén elabora pasteis eróticos para ocasións especiais.

Uhala Lietsnnan: Segue a ser a pintora oficial do pobo, e a cotización das suas obras vai en alza. Segue namorada da sua moza e musa, Kel Liugk.

Lohnna Miakx: Continúa os estudos na escola de Alia, e sente un amor mais profundo cada dia polo seu mozo, Wielehs Sazz.

Munx Teader: Segue dando clases na pequena escola de Alia. Ven de publicar un proxecto de educación sobre as emocións e a sexualidade para impartir nas aulas da Urbe, orientado a nenos e adolescentes.

Fintznna Mae: Continúa como amantísima esposa do profesor, Munx Teader.

Neix `Doc` Grunnan: Ainda que segue de doctor en Alia, ten un espacio de consulta médica virtual en Intranet, especializada na sexualidade en tódolos seus aspectos.

Vaier Trott: Continua rexentando, cada dia con mais éxito, o seu bar Ohtanterk.

Plauzzo Atentx: O seu hostal gañou boa fama. Raro é o fin de semana que non está cheo de turistas. A lenda conta que é imposible durmir con alguén nunha cama do hostal de Alia, e non acabar facendo o amor apaixoadamente. Xa se imaxina vostede que boa publicidade.

Fionn Lems: Todavía preside a alcaldía da Asamblea Colectiva Popular de Alia. Os veciños non deron queixas das suas actuacións.



Kel Liugk: Vive o amor xunto a sua pintora, Uhala Lietsnnan.

Wiina Sens: Retirada temporalmente do seu traballo no clube Sexalia, prepara a sua carreira de actriz porno baixo a dirección do seu mozo liberal, Sim Boinet.

Kwirh Zeexs: Administra con éxito o seu restaurante/salón de festas eróticas. Continúa cos seus traballos de difusión en Intranet dos dereitos á liberdade plurisexual e fai chamados ó respeto e á tolerancia ante a diversidade humana.







Colaboradores





Hunner Blix, Meteorólogo: Traballa actualmente de rexidor do canal 24 horas de meteoroloxía en Intranet.

Welseid Nasterboid, Antropólogo social: Prepara a segunda parte do seu éxito de ventas, Independencia sexual. Sexualidade comunitaria.

Opala Zarg-tain, Psicoterapeuta social: Continua traballando en terapias para mellorar a superación de traumas de carácter sexual.

Viviak Glicken, Etóloga: Prosegue cos seus traballos de investigación sobre a pluralidade, diversidade e variabilidade sexual en distintas especies animais.

Rickstain Blhug, Biólogo: Fai vida de laboratorio.

Binner Medd, Físico teórico: Ven de ser publicado o seu traballo mais actual, Universo Total. Universo mental.

Augoostk Crebbl, Historiador: Tra-lo recente cambio político, e tras perder os Pensantes Conservadores os seus postos de Directores Sociais, ocupados agora polos Grupos Mixtos, alberga a esperanza de ver publicada a sua obra mais polémica, largamente rexeitada polos círculos conservadores, titulada Historias de mentiras.













Leelak Preed, Teórica do feminismo: Prepara para datas próximas o seu novo circuito de conferencias Con eles e sen eles, orientado nesta ocasión a ensinar as mulleres pautas a seguir para saber recoñecer cando un home pode ser un maltratador en potencia, e como abandoar con seguridade unha relación perigosa.

Fridda Deek, Sexóloga: Continua co seu traballo na sua clínica privada.

Fierh Solsk, Filósofo: Prepara un espacio virtual en Intranet adicado a resolver dudas filosóficas. A dirección para conectarse é IntraXsistenZ//.Intra.

Xcss Ubbermakx, Pornógrafo: A sua película baseada na historia de Alia acaba de recibir excelentes críticas do mundo especializado, e unha boa acollida no mercado, especialmente entre os pornófilos.

Denill H., Publicista: Especializouse en publicidade de contido erótico subliminal.

Shoiur Fixx, Biólogo: Segue fascinado polos chimpancés pigmeos, e continúa consumindo Amnesiak 3mg.

Marckskhuneen Neetzs, Historiador: Desapereceu pouco antes de ser rematada a montaxe deste documental. Descoñecese o seu paradeiro actual.

Dubbt Skeppth, Filósofo: Segue sen crer en nada por puro dogmatismo, e ven de publicar o seu libro Filosofía da Contradicción: Negación da negación. O si do non ou non do si. Proximamente dispoñible en formato neuro-dixital. Directamente ós seus cerebros gracias a maxia tecnolóxica de Intranet.

































FIN DA EMISIÓN



Xen Moritz: E aquí remata finalmente o noso documental. Agardamos que disfrutase do noso traballo e, dende a nosa canle informativa, Fiestra Aberta, agradecemoslle a sua atención.

Se desexa voltar a reproducir esta reportaxe, reaxuste os parámetros do seu bio-receptor de Intranet e conectese de novo ó noso espacio virtual permanente.

Grazas por usar SistemiK Intranet Teknicks.

Ate a próxima bio-conexión.

OFF

(…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario