FARMACIA FUTURA
1)
Larri
- Cada noite os meus soños son mais profundos, e claros. Mais significativos. Mais reveladores. Sei que estou preto de acadar algo. Algo novo e extraño. Cada noite sinto que os soños me traen novas claves que pronto ei descifrar. Xa non vexo as cousas cos ollos de antes. Os cambios acheganse. Sintono por dentro…
- Pero home… Ainda segues así. ¿Non liches as últimas noticias? Cada día descubren novos casos. Deberías deixar de tomar iso. Mira como cambiaches…
- Esas noticias están manipuladas. E ti sabe-lo tan ben coma min. Pretenden asustar a xente, para que non descubran os beneficios. Se o consumo de Bións se popularizase, a xente espertaría do seu sono vital. Grave problema para as autoridades controlar unha sociedade de esclavos que comezan a pensar, a imaxinar outras opcións, outros modos de vida, outros mundos…
- Ei, Larri, a tua orella… Estache sangrando o oído…
- Non te preocupes. Mínimos efectos secundarios. Nada grave. Algo somentes somático. E cada día preocupame menos o meu corpo. Vou tras algo mais…duradeiro.
- En serio, deberías deixar de tomar esas cápsulas.
- Non. Mais ben penso que tí deberías comezar a tomalas…
2)
Farmacia Futura: Laboratorios
No laboratorio bulían líquidos burbulleando dentro de matraces e crisoles. Cheiros indefinidos e ácedos. Batas brancas silenciosas movíanse entre tubos de ensaio. O Doutor Hend controlaba toda a actividade dende o seu centro de operacións. Abriuse a porta e o axudante do doutor entrou. Traía cara de preocupación, e estaba algo sofocado.
- ¿Cal e o problema esta vez?- di o doutor Hend.
- Actos de agresión os nosos cultivos nas selvas de Ameríndia. Os indíxenas axudados por grupos rebeldes, armados, queimaron abundantes prantacións da especie Floralethes. Imos acusar unha baixada importante na nosa produción durante un tempo.
- Podemos intentar de novo sacar unha partida de Amnesiak, digamos, 100% de laboratorio.
- Pero doutor. Non lembra a última vez que tentamos probar cun producto, digamos, non totalmente natural.
- Todo é cuestión de química. Podemos replicar a sustancia natural. Non é exactamente o mesmo pero…
- Pero doutor. No anterior tento de distribuir o producto, sen contar sen ningún dos compoñentes da especie vexetal, foi un desastre. Demasiados casos de amnesia retrógrada, irrecuperables. Sufriron amnesias moito mais prolongadas, e o efecto placenteiro do esquecemento, segundo relataron os afectados, foi demasiado breve, e nalgúns casos, mesmo desagradable.
- Ainda así, esgotamos tódolos lotes, ¿non si? Hahaha! A xente dalle igual. Seguirán querendo esquecer. Nos damoslles as ferramentas.
- Entón, ¿Qué facemos, doutor? Hai clientes agardando as novas entregas…
3)
Recman/Silva
Recman traía esa cara de soñador. As pupilas ben grandes, case cubrindo todo o ollo de cor negro. Expresión fascinada e distraída. Saudeino coa man e pareceu espertar dun soño. Semellaba moverse a cámara lenta.
- Ei, Recman! ¿Qué fas por aquí? ¿Admirando a natureza brava dos cantís e o mar?
Miroume uns intres, explorándome cos ollos, case analizándome. Entón falou.
- Hola, Silva. Uff! Non hai nada mellor que as postas de sol. Todos eses matices cambiantes, as paletas de cor no ceo, cada día diferentes, mutando cada instante en luces distintas. Case…case místico. Unha obra de arte nova cada atardecer. A temática sempre e a mesma, pero cada día o estilo cambia, pequenos detalles que fan de cada posta de sol algo único e fermoso, bueno, coma todo o demais…
- Vexote ben, sorrinte…
- Si…
Queda absorto por un intre. Suspira mentres mira o redor. Volve a falar.
- Si. Estase acabando a luz e os efectos. Perdoa estou algo abstraído porque… bueno, tomei fai unhas horas unha cápsula de Memoriam, e…xa sabes cómo é…
- Pois o certo e que nunca probei- digo eu.
- Agora están desaparecendo os efectos, pero… é incrible. Tódolos detalles se quedan realmente gravados na memoria. Non como nas lembranzas normais, meros fotogramas difusos que se poden retocar, que metamorfosean có paso do tempo, ate converterse mais nunha ilusión que nunha lembranza auténtica. Pero cando tomas Memoriam, todo, absolutamente todo se queda gravado, coma nunha película completa, invariable, a proba concreta de cómo sucedeu un feito, gardada para sempre na memoria. Intenso. Por iso me gusta consumir de vez en cando e vir a algún rincón agradable e solitario e imprimir nas miñas lembranzas fermosas esceas. Paisaxes e sensacións para sempre dentro de min.
- ¿E non é perigoso?- preguntolle
- Levo unha tempada tomando de vez en cando e non notei nada raro. A única precaución a ter en conta é onde, cando e con quen vas a tomar Memoriam. Depende de que feitos queiras deixar tatuados na tua memoria. Hai que elexir ben. Prepararse para unhas horas de intensidade sensorial.
- ¿E son difíciles de conseguir? ¿Son moi caras?
- Pero Silva! Esa curiosidade… ¿Estasme a preguntar se che podo conseguir cápsulas de Memoriam?
4)
Freier/Pics
- É incrible a codicia de certos humáns. Mira como tratan os traballadores- fala Freier
No medio do verdor intenso e húmedo e cálido da selva, o camarada Freier e o reporteiro independiente, Xal Pics, observaban dende lonxe, subidos no alto dun outeiro rochoso, o fondo do estreito val, onde se instalara unha fábrica da compañía Farmacia Futura. Miraban cheos de tristura e xenreira o ir e vir bulinte de traballadores, soldados e científicos.
Todos aqueles extranxeiros cambiaran o ritmo de vida dos habitantes autóctonos da selva. Desfixeran as suas granxas e os seus campos de cultivo tradicionais, e cambiaron-nos por prantacións exclusivas de certas especies concretas, destinadas a pasar a formar parte de sustancias que se comercializarían a moitos miles de kilómetros daquelas frondosas xunglas.
Empregaban os homes e mulleres e nenos que non tiñan xa outro medio de vida que traballar de sol a sol nas prantacións, colleitando e carrexando e procesando as especies requeridas, agora endogámicas e únicas nun territorio enorme o redor das fabricas.
O camarada Freier falaba ronco e preocupado.
- Non pode ser que a natureza humana, ou a natureza de certos individuos, sexa tan…tan perversa, tan ambiciosa, tan egoísta…Eu xoguei aquí de neno, nos incribles paisaxes que a variedade vexetal creaba, antes de que homes sen escrúpulos viñeran e esnaquizaran e esclavizaran o meu fogar e o meu pobo.
Mentres, Xal Pics tomaba fotografias de todo aquilo.
5)
Recman/Kamel
- ¿E canto tempo che duran os efectos?- inquiriu Kamel, cun algo intrigante no tono de voz.
- Mais ou menos sobre duas…as veces case tres horas.
Recman estaba tirado no sofá. A roupa lixosaa estaba amoreada caóticamente polos recunchos, e o cheiro ácedo de comida rápida en proceso de descomposición comezaba a ser molesta. Inundaba sutilmente o ambiente. Fumaba un cigarro de herbas tras outro, algo nervioso, algo disperso.
Kamel traía, coma sempre, o seu longo gabán negro. Dentro tiña mais sustancias que un hospital central. Todo tipo de emocións encapsuladas.
- ¿E non te agradaría prolongar un algo mais ese efecto que tanto che gusta?
- ¿Por qué me preguntas iso? ¿Tes algo novo?
- Pois da a casualidade de que si. Recén saido do forno dos laboratorios. Producto Farmacia Futura cen por cen. Agora con mais nitidez todavía nos recordos. Especialmente mellorados os efectos sensoriais de aromas e sons. Catro horas mínimas de memoria extra. Algún suxeito experimental chegou as sete horas. Probounas nun paseo polo campo, e cando se lle retiraron os efectos choraba de ledicia por un día tan sinxelo e tan magnífico, tan intenso agora nas suas lembranzas.
Recman miraba desconfiado. Ate agora as suas experiencias foran maravillosas. Duas horas de autentico ensoño lucido, de hiperrealismo temporal, eran suficientes.
Kamel falou con voz susurrante.
- E nin sequera son moito mais caras. So duas @s mais. Duas horas extra mínimo. Próbao.
6)
Silva
Saco a capsula do bolsiño. Observo curiosa. Verde e vermella. Non demasiado grande. Doada de engulir. Respiro profundo e decídome. Pecho a porta con cadea e baixo as persianas. Non quero que ninguén me moleste durante este experimento. Quero estar soa e tranquila. Penso: ¿Qué quero recordar para sempre durante un par de horas? Penso en poñer o meu disco favorito. Ou tal vez unha boa película, unha que me faga sentir, estremecer. Tomar a cápsula, poñer o filme, e lembrar esa boa sensación para sempre. Non, algo mais profundo, mais emocional. Ergome, vou cara o armariño grande do salón e rebusco dentro. Atopo unha caixa. Nela teño unha vella grabación de cando nena. No cumpreanos da miña irmá. Si, penso. A miña infancia, a miña familia, o amor inocente dos nenos, os agarimos sen ningún rencor, sen ningún remorso. Si, penso, a miña familia.
Fai xa bo tempo que non os vexo. Dende que vin a vivir a Urbe, no centro mesmo do mundo. Tres meses alomenos que non falamos.
Collo a cinta e conecto o videofonor e trago a cápsula e ahí está a tartiña de cumpreanos, e os nosos xogos infantís, correndo cos primos, os avós sorrín e saudan a cámara, e mamá esta arranxando a mesa e papá fuma distraído e feliz, e de súpeto, na imaxe en que a miña irma sopra as sete candeas da tarta, o fotograma paralízase pouco a pouco, e podo notar todo o meu redor. As luces impresionan-me, son tan…reais…e percibo nítido o son mecánico do aparato reproducindo as imaxes que se moven, pero tan lentamente que son capaz de captar tódolos detalles. Sinto que podería contar o número de herbas que aparecen na imaxe, e lembralo. Sinto a nostalxia leda tan cravada en min, tan intensa e forte. Agradable tristura. As imaxes pasan e podo mira-las con total claridade.
Fito un intre cara a fiestra e vexo a forma lenta e cambiante das nubes e os paxaros en movemento no aire e sinto que xa pasan a formar parte de min, no meu interior, por sempre. Cando viro a testa cara a pantalla, non podo evitar que unha bagoa esvare lenta e quente pola miña meixela. As imaxes amosan o meu pai apertandonos entre os seus brazos a Xara e a min, inocentes, pequenas, ledas. Entón algo perturba as miñas emocións. O timbre do comunicador rebervera na miña cabeza. Merda. Esquecín desconecta-lo.
Moi a modo vexome a min mesma erguendome, e collendo lentamente o aparato. Unha voz que xa estará para sempre no meu interior fala.
- ¿Silva? ¿Silva Wonx?
- Si, son eu- digo, e sinto a sangue quente enchendome a cabeza por dentro.
- Sinto ter que comunicarlle deste xeito tan tráxicas noticias, pero…-
O sangue golpea forte todo o interior das miñas veas.
- Os seus país e a sua irmá…bueno…sufriron un accidente. O caso é que…bueno…Sinto que teña que enterarse así, pero ningún deles sobreviviu o impacto contra aquel muro. Podo dicirlle que non sufriron. Foi unha morte instantánea. Os meus mais sentidos pésames. Recibirá outra chamada cando rematemos cos preparativos previos. Unha vez mais, as miñas condolencias.
E un berro interior dunha dor infinita queda prendido a lume na miña consciencia.
7)
Larri/Vella compaña
O local estaba repleto. Na mesa do fondo, coma sempre, a vella tropa. Larri achegouse lento, elegante e despreocupado.
-Boa noite, compaña- falou.
- Home, Larri. Bos ollos te vexan. Facía unha tempada que andabas invisible – dixo Chesk, co seu modo peculiar de inclinar o beizo inferior cara a esquerda.
- Bueno, andiven nunha desas tempadas de retirada auto-introspectiva que as veces necesito. Pero estou de volta. E mellorado.
- Alédome, rapaz. Botabamoste de menos- espetou Dekxa un chisco irónica.
Larri fixouse ben e notou que todos tiñan os ollos cunha mirada extraña. Enroxecidos e inchados. Algúns dos seus colegas semellaban adormecidos. Outros mais inquedos e faladeiros. A maioria tiñan unha expresión de parva ledicia nos beizos. Larri falou:
- Notasevos ben raros hoxe. Hahaha, tedes todos unas caras do mais simpáticas. ¿Que consumichedes? ¿En que andades metidos? ¿Acaso Farmacia Futura sacou un novo producto estrela?
A perilla de Molko moviase graciosamente arriba e abaixo mentres subía e baixaba os beizos explicándose.
- Non todo está encapsulado, amigo. Farmacia Futura non é a única fábrica de sensacións. A nosa historia comeza cun vello nunha montaña. Convence a unha serie de homes para que cometan asasinatos selectivos a cambio dun paraíso.
Este paraíso está na cabeza dos nosos asasinos. Entraban nel gracias a certa sustancia que o vello lles ofrecía en pago os seus traballos.
- Vellos, asasinatos, sustancias… ¿De qué fala?- pregunta-lle Larri a Chesk, mirando de esguello a Molko.
- Falo de que non todo se pode conseguir en cápsulas- di Molko- Hai outros xeitos.
E saca unha pequena peza de algo marrón. Logo saca unha bolsiña chea dunha folerpas verdes dalgunha aromática pranta seca. Colle dous cigarros. Rompeos e cun papeliño envolve nun deles os anacos da herba, e con lume, desfai un anaco da pedriña marrón e mezcla-na co tabaco e tamén lía a mistura.
- E hora de que probes algo distinto. Isto e algo exótico, dos vellos tempos. Foi difícil comezar. Conseguir as sementes, cultivalas. Pero cando o fixemos ben, o resultado foi ben agradable. Logo aprendemos a fabricar o hashís, esta pedra marrón. Todo natural. Todo producto da mesma especie vexetal, o cannabo. Sen o cruño de Farmacia Futura. Feito na casa. Proba e verás. Este era o paraíso con que o vello pagaba os seus sicarios.
E Molko acende un daqueles cigarros liados, dalle unhas pipadas e coloca-no entre os dedos de Larri cun sorriso.
8)
Recman/Kamel
Kamel saca do gabán un disco. Ponllo diante dos ollos a Recman e dille:
- Isto é unha música moi especial. Composta especialmente para consumir Memoriam 2mg. Creouna o artista multimedia Tork Wam despoís de probar voluntariamente a sustancia en laboratorio. Mira, propoñoche unha cousa. Teño toda a tarde libre. Invíto-te a unha proba gratuíta. Sentamo-nos, poñemos o disco e tomamos unha cápsula cada un.
- Bueno, en realidade eu tampouco teño nada que facer hoxe. Veña, saca ese Memoriam mellorado.
Recman érguese e prepara o musicador. Tamén quenta un pouco de té de herbas para dous. Coloca as tazas e senta. Kamel dalle unha cápsula e toma outra el.
Teñen as mesmas cores cos modelos anteriores, pero son mais brillantes, e un chisco mais grandes. Colle o mando e fai que a música comece. O efecto e tan rápido e forte que xa nas primeiras notas do tema musical sinte como a realidade mais nítida o envolve, e prepárase para disfrutar cos ollos pechados, mentres na sua mente se tatúan todas e cada unha das notas musicais que o envolven.
9)
Freier/Pics
O camarada Freier regresa co reporteiro Pics ó campamento, tras ter camiñado unha chea de horas.
- Freier, amigo. Créeme. Isto vai rematar ben. Estas fotos que tomei hoxe, dunha fábrica de explotación humana, que supostamente para o mundo non existe, han dar a volta o mundo. Cando consiga publicalas a xente ha tomar conciencia da situación.
O seu redor unha serie de combatentes con uniformes verdes raidos e gastados, fumaban cigarros de herbas e proferían comentarios escépticos en baixo.
- Xal, compañeiro. Ti ves dende Urbe. Pero parece que a tua inxenuidade non te deixa ver que o espíritu dos teus concidadáns non é tan altruista nen utópico coma o teu, ou o noso. Se pensas que unhas fotos dunha dura realidade van facer que a xente se estremeza e proteste, entón é que non sabes nada da natureza humana. O problema que combatimos, eles usan-no coma arma de protección. Sempre terán milleiros de consumidores que paguen os gastos e fagan pervivir este macabro mecanismo. Sustancias que saen destas terras, que son arrincadas do suor e traballo e sufrimento destas xentes, que son encapsuladas e comercializadas e consumidas por xente que so quere sair da realidade, non cambiala.
- Pero, escoita, Freier, a xente verá…
- Non. Escoita ti, Pics. A xente non vera nada por que estará demasiado ocupada esquecendo. Esquecendo os horrores mínimos da sua vida e os grandes horrores do mundo de alá fora. A xente non lle preocupa de onde ven a sustancia, so lles preocupa se obterán suficiente esquecemento e pracer con ela. ¿Sabes que se produce na fábrica que fotografiamos esta mañán?
- Amnesiak…
- E dime, ¿Sabes o que iso significa? ¿Viches o tamaño da fábrica? ¿Tes idea de cantos consumidores hai no mundo? A xente está tola por esquecer. Por mercar recordos en branco. Limpar da sua memoria unhas horas imperfectas. Ós traballadores-escravos da fábrica que vimos de fotografar paganlles parte do seu salario en Amnesiam, para que esquezan pola noite os seus horribles días de escravitude. Moitos acabarán sendo zombis sen conciencia, sen nada que lembrar. Somentes é cuestión de tempo. Pero seguirán tomando Amnesiam para esquecer que so poden esquecer, que non poden lembrar, que xa non teñen un pasado ó que aferrarse. Cando a xente de Urbe mire as tuas fotografías, han ir rápidamente correndo o seu distribuidor a mercar un pouco de Amnesiak, para non ter que vivir coas lembranzas dunha verdade demasiado real, demasiado desagradable, aínda que demasiado lonxana para eles. E Farmacia Futura estará encantada. As vendas do seu producto estrela subirán coma escuma.
- Entón…- dixo Pics, cun pequeno tremor na voz- ¿Que debo facer coas fotografías?
10)
Larri/Vella compaña
Cando a Larri se lle empezaron a pasar os efectos foi notando coma un sopor, e como se unha neboa difusa se retirase da sua mente. Foi o lavabo e botou auga pola faciana e puido ver que ainda tiña os ollos vermellos e unha expresión de aparvamento. Estaba algo confuso. Todo fora extraño.
Por momentos, despois de fumar aquilo, tiña a sensación de non saber se o tempo pasara lento ou rápido. Sentiu tamén certa dislocación, pero tamen notou unha relaxacion corporal, un nerviosismo blando, un inesperado certo sentido do absurdo. Deralle por rir coas cousas mais normais e cos chistes mais malos. Inda notaba certos impulsos de sorir, pero sobre todo notabase adormilado. Mentalmente lento.
- ¿Qué tal a experiencia?- inquiriu Molko.
- Bueno. Nótase bastante que non é calidade Farmacia Futura. É algo bastante indefinido. Mesmo me mareou por intres. Pero debo recoñecer que por momentos foi gracioso. Pero non é especialmente intenso. E tampouco lle vexo unha utilidade práctica. Semella mais algo como un xogo inocente, que coma unha experiencia con sustancias. Gracias de tódolos xeitos.
- É mellor a segunda vez. Cando xa te acostumas a dominar esa indefinición sensorial- dixo Dekxa.
- E vos que opinades das cápsulas de Bións. Eu levo unha tempada tomando e…
- Iso e unha merda- opusoxe-lle Chesk a Larri- Coma todo o que produce Farmacia Futura. Ademais é un timo. Necesitas moito tempo para notar os supostos efectos que din producir. Podeste arruinar sen chegar a notar nada.
- Bueno- dixo Larri- Diso vos quería falar. Eu levo case cinco meses tomando Bións e aseguro-vos que realmente chégase a acadar un nivel superior de consc…
- E ti que pasa- espetoulle Molko- ¿Qué traballas de publicista para Farmacia Futura?
11)
Recman
O disco acabara e Kamel marchara facía un tempo. Volveu a poñer o disco, pero sen tomar Memoriam non era o mesmo. Ainda así, por suposto, lembraría perfectamente, e para sempre, aquel disco tan extraño e hipnótico. Realmente aquel novo Memoriam 2mg era potente. E mais duradeiro. Podía permitirse pagar algo mais por el, para algo era habitante de Urbe. Así que xa lle comprara mais capsulas novo modelo a Kamel, e encargaralle outras tantas en reserva.
Sempre se sentía fascinado cando profundaba sobre o incrible da química, das sustancias. Como podían cambiar a realidade uns polviños atrapados en capsulas xelatinosas.
Comezara a probar os productos mais suaves cando Farmacia Futura se legalizou e comezou a sua campaña de comercialización. Química sintetizada, extractos naturais. Sedantes suaves, hipnóticos inócuos, euforizantes sen efectos secundarios. Logo deron un paso mais. Sacaron os seus productos mais afamados. O Amnesiam. Non o convencerá de todo, non se vira na necesidade de esquecer nada. Cando chegou o mercado o Memoriam, Recman namorouse inmediatamente daquel efecto que impregnaba os seus sentidos e a sua memoria, notando como se expandía.
Despois puxeronse de moda os Bións, a ultima sensación. Tentou unha vez, pero case non notou nada. A campaña publicitaria que acompañaba o producto, anunciaba que o efecto real notábase a longo prazo, tras unha tempada de consumo. Era caro e Recman non probou mais. Despois das últimas noticias sobre os Bións e os seus posibles efectos secundarios, aledouse de non ter seguido probando.
12)
Silva
Eu non podía deixar de chorar e berrar. Sentíame a min mesma atrapada nesa sensación, tan cravada dentro. Notaba tan, tan forte a dor. Ainda estiven percibindo cunha absoluta e torturante claridade a escea despois de colgar o teléfono. Despois de saber que a miña familia estaba morta. Os tres a vez, nun absurdo accidente. As imaxes no videofonor seguían amosando sorrisos en flash-back, agora mortos, pantasmas fora do mundo. E as imaxes na miña cabeza que non se van. As palabras para sempre berrando de fondo. As malas coincidencias. O peor momento da miña vida, ate o de agora, e cólleme coa memoria aberta e farturenta de lembranzas, absorvendo cada instante de dor, exprimindo cada sensación de desesperanza e angustia. Cada bagoa, cada tremor, cada pensamento afiado, infinito e duro, agora está en min soterrado.
So teño que traelo a memoria e os feitos aparecen claros e terribles. Tal como foron. Os meus país, a miña irmá. Mortos. Este momento de horror empapará a miña existencia por sempre. Sempre…
Ainda que poida que exista unha solución…
13)
Freier/Pics
- A pesar de todo- dixo o camarada Freier- tres dos meus homes salvagardarán o teu camiño de regreso. As fotos son tuas, Pics. Estou seguro de que, ainda que inxenuo de mais, es home honrado. Ti saberás cal é o modo mais intelixente de utilizar esas imaxes. Son comprometedoras de mais. A tua vida estará en risco se decides facelas publicas. Ainda que o mais probable é que te maten antes de que chegues a traspasar a censura.
- ¿E que faredes agora ti, e os teus homes?- quixo saber Xal Pics.
- A nosa loita está aquí, ¿Comprendes? Esta é a nos terra. A nosa xente está sendo aniquilada pouco a pouco. So nos queren coma escravos. Os que temos sorte e valor, escapamos e refuxiamonos aquí, nas selvas ainda ser destruir. Certos grupos comprometidos axudan-nos con armas, menciñas e víveres. Non podemos facer outra cousa que resistir e loitar, ate que poidamos recuperar a nosa paz, e o noso xeito de vivir, sen ser expoliados. De momento seguiremos tentando coas queimas de prantacións que sexan propiedade de Farmacia Futura. Non farán que marchen, pero perderán un algo de poder.
- Eu agradezovos todo o que fixechedes por min neste tempo. Oxalá houbese unha forma pacífica de resolver todo isto…
- Oxalá…Pero ten en conta que Farmacia Futura fará o que sexa por continuar conseguindo beneficios. Non han cambiar os seus métodos por pura filantropía…
14)
Larri/Vella compaña
Larri comezou a falar dos beneficios do consumo dos Bións. O grupo continuou fumando aquelas mezclas naturais, pero el rexeitou os que lle ofreceron. Dixo que os Bions expandían a consciencia, que percibías mais, mais intenso, mais claro, mellor. Non atopaba as palabras exactas para definir aquelas sensacións, pero notaba que estaba cambiando. Pensaba mais nítidamente. Sentiase mellor. Mais forte mentalmente. Tiña uns soños incribles tódolas noites. Trataba de convencer a algúns dos seus vellos compañeiros de que probasen un tempo cos Bións. Que era como estar nunha realidade superior todo o tempo.
-Escoita ben, Larri- A voz de Thak, no fondo da mesa, parou o discurso- ¿Non te enteras das noticias ou que?
- Non necesito noticias. Están todas manipuladas para xenerar unha sensación de realidade que non existe. Moldean os pensamentos das persoas o seu antoxo. Non creades as suas mentiras. Eu conformo agora a miña realidade. E se tomasedes Bións vos tamén poderiades…
- Se ti deixases de tomalos verías como voltabas a ter os pes na terra- replicoulle Dekxa.
- Si- dixo Molko- Cada día hai mais casos de problemas, especialmente mentais, entre os consumidores de Bións. Xa sabes, paranoias, psicoses, comportamentos extraños…Mesmo están pensando en retiralos do mercado. Pero de momento Farmacia Futura vai atopando o xeito de tapar eses errores, camuflalos… É doado se controlas a maioria dos medios de difusión de información…E ti…comezas a parecer algo…paranoide…
Larri ergueuse carraxento e colleu camino cara a porta.
No fondo, marmuraban sobre el.
- Dende logo, dende que consume esa merda anda insoportable.
- Non é cousa do que toma. Sempre foi un papaostias…
15)
Farmacia Futura: Laboratorios
Nos laboratorios centrais de Farmacia Futura están reunidos unha serie de directivos e científicos. Un dos presidentes da corporación achegase o palco de discursos e fala:
- Damas e cabaleiros aquí reunidos. Vou tratar expresa e directamente tres asuntos de grande importancia para a nosa empresa. Comezarei pola boa noticia. Segundo os informes dos nosos homes de reparto, os coñecidos coma Gabáns Negros ou Distribuidores, parece ser que a acollida do Memoriam 2mg foi ben proveitosa para nós. Ó parecer os clientes establecidos, os consumidores habituais, califican de boa ou moi boa a experiencia co novo producto mellorado. Por outra banda, os novos consumidores, cando dan o paso para probar a sustancia, fan-no directamente usando Memoriam 2mg, co conseguinte beneficio extra pola pequena subida de precio do producto. Xa non queren experiencias memorísticas de duas horas. Agora buscan algo mais longo e intenso. Iso e bo. Auguro que subirán as ventas do novo producto durante un bo tempo.
Plas plas plas. Aplauden os presentes. O presidente ponse serio e continúa.
- E agora as malas novas. Por unha banda o asunto dos ataques e atentados as nosas prantacións, por parte de guerrilleiros e indíxenas. Temos dous camiños a seguir neste sentido. Por un lado necesitamos ainda mais apoio por parte das forzas de seguridade do Estado de Nación Capital. O noso equipo directivo encargarase destas xestións. O equipo de publicidade ten a misión de difundir noticias que expliquen as carestías cíclicas de sustancias como un producto de diversos problemas climáticos.
Debemos ocultar a verdadeira orixe das carestías temporais, e por suposto, se é necesario, e a falta de materiais o require, debemos sacar partidas experimentais de sustancias creadas a partir de sintetizacións en laboratorio, sen necesidade do compoñente vexetal orixinal. Serán pequenos ensaios sociolóxicos. Mesmo con algo de sorte igual os nosos científicos descubren algo novo e comerciable. Estas carestías provocadas por problemas alleos o noso control, claro, servirán de excusa para subir algo os precios, non demasiado claro, non queremos perder clientes.
O presidente parase, carraspea, bebe un grolo de auga e segue o seu discurso.
- O segundo problema procede do noso último proxecto. Os Bións. Ate o de agora, nen os nosos científicos se poñen de acordo en que facer nin tan sequera en que modo afecta os suxeitos que o consumen. Parece que empeza a haber problemas con certos usuarios de Bións. Pero os informes que recibo son confusos e en certo modo incoherentes entre si. So quero facer unha pregunta e agardo que algún teña unha resposta clara: ¿O consumo dos Bións a longo prazo é perigoso para os nosos clientes, ou para a os intereses da nosa corporación?
16)
Silva/Recman
Sabía que estaría na casa. Gustalle estar no seu refuxio tranquilo. Grabando na memoria películas e músicas e recordos agradables. Peto na porta e Recman abreme coas greñas espeluxadas. Non ten as pupilas cheas, así que supoño que a sua memoria está a funcionar de modo normal. Estou case en estado de shock. Trememe o pulso. Estou suorosa e paralizada. Os efectos do Memoriam están pasando e as cousas doen un pouco menos. Tan só o instante de sentir que a miña memoria está traballando mais relaxada. Só o instante antes de que, cegador como un fogonazo, rápido coma un flash, apareza de novo, con total nitidez de xeo, a voz no teléfono, os meus país a miña irma mortos, eu berrando por sempre na memoria. O último que lembro con esa forza e esa precisión antes de que os efectos se me pasen case de todo, son eu pensando nunha cura, nunha anestesia, nunha amnesia para esta dor, este momento cravado a martelazos no meu pasado, por sempre agora. Lembranzas demasiado pesadas e fortes. Estou en estado shock ante a porta de Recman que me mira asustado pola miña cara desencaixada e chorosa. O meu xesto de espanto e dor. Colleme e sentame e falame pausado. Eu contolle metade en susurros, metade a berros, sempre entre bagoas, o que me viña de pasar. A cápsula que tomara. A chamada noxenta, espantosa, a noticia coma unha pedra no peito. Entre bagoas contolle todo isto e pidolle, rogolle, implorolle que me consiga unha menciña, unha sustancia, algo que me faga olvidar.
Terei que saber da morte da miña familia, pero non deste xeito en que o sei agora, latente, presente, enorme na memoria, non quero vivir con esta lembranza tan poderosa para sempre dentro. Eu sei que hai sustancias. Formulas químicas. Maxia en forma de cápsulas. Esconxuros con alcaloides. Recetas que traen o esquecemento, incluso para a dor mais profunda. Berrolle que me consiga unha cápsula de Amnesiak. El sabe como facelo. Ten xa un Distribuidor de confianza. Pidolle que me axude a esquecer as ultimas horas. Pidolle olvido.
17)
Farmacia Futura: TV
As cámaras están listas e o presentador aparece iluminado polo foco. Comeza o programa de debate mais seguido polas audiencias. “O Seu Turno”, o titulo do programa en neón reflexase sobre o público.
-Esta noite temos con nos a Werf Stalckm- di coa sua peculiar voz o presentador, o afamado Pep Korks- un dos representantes da corporación farmacolóxica Farmacia Futura. Esta noite o noso debate centrase en torno a un dos productos mais especiais dos laboratorios Farmacia Futura, a sustancia biótica, encapsulada baixo o nome de Bións. Parece que existe certa alarma social respecto a este producto. Falenos un pouco señor Stalckm, sobre os tales Bións. Xa sabe que agora e… O Se Turno…- berra o publico a unísono co presentador.
- Boas noites a todos e gracias pola invitación. Eu comprendo as preocupacións que se poden albergar cara o consumo dalgunhas das nosas sustancias, pero asegurolles que tódolos nosos productos pasan rigurosos e exhaustivos análisis de control e seguridade antes de sair o mercado. Indo agora o comezo desta historia, remitireime fai un par de anos, poida que menos. Nos laboratorios experimentais estábamos rematando a investigación con compostos puramente sintéticos, sen necesidade de usar materiais de orixe, digamos, natural. Froito daquelas experimentacións descubrimos con agrado o poder dos Bións. Eran diferentes a outras sustancias. Non actuaban no momento de inxestión. Acumulabanse lentamente no organismo ate ir adquirindo unha adaptación especial o metabolismo do suxeito consumidor, e mellorandoo. Evidentemente realizamos abondosas probas con suxeitos experimentais antes da sua comercialización definitiva.
- ¿Pero entón como explica os casos en que parecen desenvolverse enfermidades, especialmente de tipo nervioso e psicolóxico, en consumidores habituais de Bións? ¿Qué hai de certo en todas estas informacións?
- Escoite ben señor Korks. Todo rumores. Pura propaganda de certos grupos envexosos do noso éxito. Ate o de agora non se mostrou nen unha soa proba clara e determinante que implique o uso dos Bións como responsable de certos problemas que certos individuos poidan ter.
- Pero as denuncias crecen cada día. Como explica tantos casos de…- Pep Korks é interrumpido por Stalckm.
- A esquizofrenia, a paranoia, a desrealizacion, a psicose, ect son problemas que xa existían dabondo antes do uso dos Bións. Non e tan doado establecer unha relación causal. Se calculamos o número de consumidores e temos en conta o número de supostos afectados, e o comparamos coa porcentaxe de desarranxos mentais en relación a porcentaxe entre a población non consumidora de Bións, veremos que é prácticamente igual se extrapolamos as cifras. Nada parece indicar que o uso dos Bións cause este tipo de problemas. O risco de padecer algún tipo de problema psíquico e tan elevado entre os consumidores de Bións como entre os non consumidores. Mesmo estou por dicir que o uso do compoñente biótico axudaría, xa senón a previr, si a paliar efectos graves de certas enfermidades mentais. Non obstante, lembremos que os Bións son uns “melloradores” do corpo e da mente.
18)
Pics/Combatentes
O verdor húmedo e o aroma doce e vexetal da xungla envolvía nunha neboa cálida ó fotógrafo e ós tres guerrilleiros mentres descendían a través da foresta cara a pequena aldea poboada mais preto do campamento. Ainda así deberían camiñar alomenos un día completo para chegar as primeiras cabanas dos campesinos. A frondosidade, as incribles fervenzas que se escoitaban o fondo, extraños sonidos de animais agochadizos entre os arbores. Centos de paxaros emitindo as suas sinais. Xal Pics tiña recorrido gran parte do mundo en busca de imaxes cheas de beleza as que atrapar en papel fotográfico. Pero o certo é que a sua tempada naquelas selvas cautivárano e impresionárano coma ningún outro lugar o tiña feito. A maxia verde. Aquel labirinto de follas e ramas entrecruzadas cubrindo todo canto acadaba a vista. E por riba deles, o ceo azul intenso a ratos, ou cuberto e tormentoso e cheo de chuvia farturenta.
Cos pes cansos, a roupa mollada, o corpo suoroso, a pel picada por millerios de incómodos insectos, seguiron o seu descenso, cautelosos e en silencio.
A sua misión tiña grande perigo. Non so viña de colaborar con grupos considerados armados e perigosos, senón que portaba con el probas ben polémicas en forma de imaxes sobre o que realmente acontecía nas fábricas que Farmacia Futura instalara en certas rexións de Ameríndia. A sua misión consistía en regresar vivo a Urbe, e unha vez alí, matinaría sobre a mellor forma de empregar aquelas comprometedoras fotografías.
O seu lado, os tres salvagardas traían cara de preocupación, seriedade e alerta, cando comezaron a divisar o lonxe os fumes que saían das cabanas a tardiña, co ceo prácticamente vermello na posta do sol.
Xerm, o mais alto dos tres combatentes falou:
- Ben, señor Pics. A partir deste punto é demasiado arriscado para nós continuar. A nosa protección chega ate aquí. De agora en diante deberá continuar vostede só.
- Comprendo, e agradezo-lles a sua compaña e axuda. Agardo que poida chagar a bo porto todo isto.
- Se o desexa, sempre pode quedar con nós e axudarnos nesta loita.- dixo Uot, fumando da sua pipa.
- Non son o home que necesitan para tal traballo- excusouse Pics- Carezo do valor suficiente para enfrontarme en batallas directas. A miña loita e distinta. Trato de ataca-las conciencias…
- Cando as conciencias están adormecidas, fai falta algo mais forte que unhas imaxes para espertalas. Realmente necesitamos mais homes con coraxe e ideais elevados para facer fronte a un poderoso inimigo. Os seus actos, señor Pics, e as suas ideas, son nobres. Pero necesitamos accións, e necesitamolas aquí, onde o problema se amosa en tódalas suas facetas. Pero agradezemoslle de tódolos xeitos as suas intencións. Agora debe partir. Vaia con moito coidado. Se por casualidade o atrapan antes de que saia da rexión, eu recomendolle o suicidio. Sempre será mellor que as torturas. De tódolos xeitos se o collen, han de matalo igualmente. Fale ou non fale. Boa sorte. Saude
Xal Pics mirou uns intres cara o fondo do val, cara o poboado. Cando volveu a xirar a cabeza, os tres homes xa desaparecerán entre a vexetación.
19)
Silva/Recman
Eu ainda non acabara de limpar as ultimas bagoas, e xa tiña que mollar o gardanapo con novos prantos de desespero. Recman erguese do sofá e vai cara o comunicador. Agardo a que a solución chegue rápida.
- Hola Kamel, son Recman.
- …
- Si, tes que facerme un favor. E ten que ser deseguida.
-…
- Si, ven canto antes. Non, non perdín as cápsulas. Non se trata de Memoriam.
-…
- Non. O que necesito e alomenos duas cápsulas de Amnesiak. Si. Duas alomenos. E o mais axiña que poidas. É importante.
-…
-Moi ben. Agardote aquí.
-…
- ¿Canto? ¿Mais dunha hora? Sera mellor entón que traias outra cápsula extra.
Sorbo os mocos que me atascan o nariz e non me deixan case respirar. Recman mírame con cara de compasión. Prepara un par de tazas de herbas e sentase. Tamen me ofrece un dos sedantes suaves de producción Farmacia Futura. É incrible a velocidade do efecto. Nun intre sinto a mente mais perezosa e relaxada. Confiada.
A miña memoria segue a golpearme duro cos acontecementos de fai unha hora, pero parece que a miña consciencia está algo anestesiada. Segue doendo intenso, pero importa menos.
Recman mira cómo comezo a sentirme branda no sofá, e comeza a falar.
- Está ben, Silva. Sei que normalmente non usas sustancias. Síntome culpable por ter-che dado esta tarde aquela cápsula de Memoriam. ¿Quen ia sospeitar o que tería acontecido? Merda. Debín explicarche mais en profundidade sobre os efectos e as precaucións a ter en conta sobre o consumo de Memoriam. Eu nunca tivera unha mala experiencia. Confiaba en que sería unha experiencia agradable para ti, e agora…-
Miro para Recman en silencio. Case non teño forzas e sintome demasiado aturdida para falar, así que escoito, tratando de evitar que os flashes da memoria veñan a miña mente.
- Como digo, sinto moito todo este lio… Se vas a tomar Memoriam debes preparar ben o escenario, evitar calqueira molestia, xa que quedaría na tua memoria para sempre…Merda, e nesas estas ti…Non quero nen imaxinar coma te sintes por dentro… Pero non te preocupes. Dentro de nada chegará a solución. So tes que agardar un chisco. Unha hora. E logo, a cura, o esquecemento.
20)
Larri
Camiñou cara a sua casa. Quería estar só. Fora extraño atoparse cos vellos compañeiros. Cambiaron, pensou. Eu cambiei, pensou mais acertadamente. Dende que comezara a tomar Bións, xa non sentía necesidade de case nada. Non necesitaba obxetos materias, non necesitaba cuidarse, non necesitaba xente, nen amigos, nen amor. Sentiase ben, e completo, e relaxado, a soas. Case non necesitaba durmir, e cando o facía, tiña uns soños potentes e intensos. Extraños. Case non precisaba comer. E cando o facía, degustaba ate os últimos e mais sutís sabores. Esa sensación dun incremento suave pero constante nas suas percepcións aplicabase a todolos estímulos da sua vida. Estaba sereno e pletórico por dentro. En realidade non fora a visitar o vello bar por que botase en falla os seus amigos habituias. Fora para falar dos beneficios que producía o consumo dos Bións. Queria dicirlle a toda a humanidade que consumiran por un tempo longo aquela sustancia. Que conseguirían sentir, percibir, emocionarse cada vez mais. Que o corpo adaptaríase a esforzos maiores con menos desgaste de enerxías. El sentíase así. Medrando. E quería que todos se sentisen igual.
Non necesitaba nada, asi que marchou para casa.
Ultimamente estaba probando tentos de meditación. Dende que tomaba Bións era incrible a capacidade de concentración e relaxacion mental que acadaba rápidamente e sen esforzo. Sentía os seus pensamentos cada vez mais claros e puros. Notaba como se achegaba a comprensión de algo profundo, pero ainda non sabía que.
Estes últimos días disfrutaba dun exercicio moi simple. Collía polo camino unha pedra calqueira que lle chamase a atención e levabana para casa. Despois colocaba o anaco de rocha na mesa do salón, tomaba a sua cápsula da tarde, e quedaba fitando durante horas para aquel anaco de materia inerte, concentrandose profundamente nela, tentando sentirse pedra el tamén...
21)
Farmacia Futura: TV
- E non esqueza o enorme éxito do Amnesiak- apuxo o representante de Farmacia Futura- Ademais de servir para un uso recreativo e lúdico en condicións axeitadas, os seus beneficios en tratamentos psicolóxicos, como por exemplo casos de traumas recentes, están mais que demostrados.
- Pero non esqueza, señor Stalckm, que hoxe estamos debatindo concretamente sobre os polemicos Bións- espetoulle Korks, o presentador.
- E certo. E se fixen alusión ó Amnesiak, foi para demostrar que os nosos productos son seguros e eficaces. Dentro da nosa liña de sustancia comerciables, o Amnesiak é o mais vello dos nosos novos productos. Leva xa tempo no mercado. Segundo os nosos estudios, parece que segue a crecer o seu consumo. Esta sustancia pasa polos mesmos controis e tratamentos que calqueira outro producto, tales coma os Bións. E no tempo que os nosos clientes levan consumindo Amnesiak, todavía non recibimos unha sola queixa. Químicamente falando, tódolos nosos productos interactúan nas mesmas áreas do sistema nervioso, independientemente da función concreta que, en condicións de non consumo, tales áreas realicen normalmente. Non quixera entrar a debatir este tema con tintes científicos excesivamente específicos, tal vez demasiado farragosos para o espectador medio. So dicir que os nosos productos son seguros. Xa lle digo, nunca recibimos queixas. Normalmente envían-nos misivas os propios clientes para felicitarnos polos beneficios que as nosas sustancias lles reportaron.
-Pero- interrumpe o presentador- ¿Vai seguir desviando o tema, ou vai falar, agora en serio, dos Bións e a polémica que os rodea?
lunes, 22 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario